Corredores e saliñas
Febreiro 13, 2008 ás 10:06 pm | En Cousas da casa |
O corredor e a saliña. Cando nun ingreso hospitalario tes a posibilidade de pasar no cuarto bicompartido o menor tempo posíbel, os corredores son os teus mellores aliados e, neste caso concreto, a "saliña de estar" tamén cumpre a súa boa función. Non sei cantos quilómetros percorrería hoxe co meu amigo de rodas, primeiro só, enchufado ao mp3, e logo coa compaña materna... Polo demais, sigo resistindo ao endroghamento, e os míticos efectos secundarios non fixeron, polo momento, acto de presenza, cousa que se agradece, e moito. Bebiches? Mexaches? Canto? Pon o termómetro! Imos mirar esa tensión... Son frases que se repiten ou alternan co piii do meu amigo con rodas, que, para que o saiban, ten o inquietante nome de bomba de infusión.
O último tramo do serán transcurriu moito máis rápido... polos corredores do CHUS apareceu unha manifestación... houbo quen me proporcionou xogos célticos... outras trouxeron películas, humor patrio... e, sobretodo, todos trouxeron a compaña que se agradece inmensamente. Tamén as chamadas, que aínda se valoran máis cando quen chama tamén ten as súas cousas. Dende a casa acristalada onde curan e aburren, despídome ata o vindeiro parte.
chuzame -
4 Comentarios »
Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI
Deixa un comentario
Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios.
Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^














e esa bomba, que infusión leva??? menta-poleo, te… tila???
dende acá mándoche os meus mil e un bicos internáuticos. pra que te recuperes antes. anque xa miro que quedaches en boas mans
Comentario por oko — 14 Febreiro 2008 #
Ler com voz malvada/celebrities”
“Boooomba de infusiooooon”
Manhã a minha santa fai umha visita cedo e eu umha tarde, temos que peder cita?
Comentario por odemo — 14 Febreiro 2008 #
Bomba de infusióooon ayyyy ay va qué chorrazo!! Pois adiántanse os plans, esta tarde marcho para a casa…
Comentario por O'Xirarei — 15 Febreiro 2008 #
Generic viagra….
Viagra. Buy viagra online. Get viagra. Viagra prescription price. Generic viagra no prescription. Viagra online add to cart. Generic viagra….
Rastro (Trackback) por Generic viagra. — 28 Abril 2008 #