O g-debate
Febreiro 26, 2008 ás 7:58 pm | En País |
Faltan pouco máis de vintecatro horas para que se celebre (ou non) diante das cámaras da Galega o debate entre os que, xenericamente, chamaremos os nosos líderes -en diante, ONL- a saber: o presidente da Xunta e secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, o vicepresidente da Xunta e portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, e mais o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo. Nesta tesitura, xúrdenme varias preguntas:
-Ten sentido un debate entre ONL no marco dunhas eleccións xerais?
-Non sería máis acaído que debatisen os que se presentan a estas eleccións?
-Canto custa a montaxe espectacular que a TVG está a montar nun hotel compostelán?
-Cantos cartos se van perder no caso de que, finalmente, o PP diga que Feijoo non vai? Alguén preveu esta posibilidade?
-Como se van aproveitar os cartos investidos no caso de que non haxa debate? Vaise emitir o Luar desta semana dende o hotel en cuestión?
-Por que o PP pon tantas condicións?
-É este debate un ensaio para de-hoxe-nun-ano?
Actualización: finalmente, vai haber debate, así que non vai haber que empregar o decorado para emitir o Luar ou improvisar unha festa-dos-nosos-maiores. Saben o peor de todo? Que, aínda mantendo todas as anteriores cuestións, no fondo do meu ser, estes eventos encántanme -que inconsistencia moral, la que está liando Zapatero :P-.
chuzame -
4 Comentarios »
Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI
Deixa un comentario
Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios.
Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^














un ensaio de que??? (dúbida cruel)
Comentario por oko — 26 Febreiro 2008 #
Dúbida aclarada
Comentario por O'Xirarei — 26 Febreiro 2008 #
aaaaaaaa, valeeeeeee
agora si
(é que non son moi listiña…)
Comentario por oko — 26 Febreiro 2008 #
oko oko oko
eu voto por unha galeemisión de Acompáñenos, pero con superpiñero y todo! Ou mellor, un galexogo de rol con tres tipos facendo de ONL. Eu pido ser a moza de Feijiiiii….
Comentario por marianoabalo — 27 Febreiro 2008 #