Que vote, que vote
Febreiro 28, 2008 ás 8:33 pm | En Cousas da casa, Divagacións, País |Logo do g-debate de onte, despois de saber que o rigor non se merca en mercerías, que se a nena de Rajoy vivise en Galiza tería asistencia bucodental de balde, que temos que ter máis peso en Madrid ou que o Plan Galicia vai resucitar de entre os mortos... tocou votar. Se aceptamos como válido que o día das eleccións é a festa da democracia, poderiamos afirmar que, o voto por correo é a mesma festa, pero máis cutre... algo así coma se o 9 de marzo tocase a París de Noia e na oficina de Correos, como moito houbese un paisano cun organillo. Pero en fin, dado que a semana que vén vou estar secuestrado e a xornada en cuestión estarei recuperándome do secuestro... votado queda.
Nota mental: observen na imaxe cantas opcións hai na provincia de Lugo se se lle quere votar a un partido facha/freak, para que vexan.
chuzame -
9 Comentarios »
Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI
Deixa un comentario
Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios.
Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^
















Pois claro, que a fachas e a friquis non hai quen nos gañe…que para algo hai que resucitar a Don Manuel en plena campaña, a ver se lles vai marchar o voto facha aos do PP. Por certo, que mala hostia poñer a papeleta do PP ao carón da da Falange…a ver se se van confundir os votantes!
Claro que tamén hai outra lectura chunga e preocupante…por cada partido galego -xa entendido “galego” nun senso amplo- hai sete españolistas…
Comentario por mao-mao — 28 Febreiro 2008 #
Eh, que en Lugo preséntase o POSI, Partido Socialista Obrero Internacionalista, e o nº1 polo senado é medio curmán meu.
Comentario por zerovacas — 29 Febreiro 2008 #
Xa, joder, e un colega e ex-camarada meu é suplente ao senado por ABLA, ao final coñecémonos todos…moita sopa de siglas, mais pouca substancia…
Comentario por mao-mao — 1 Marzo 2008 #
pois imaxinade como estou eu de perdida, que pensei que votaba aos abertzales ilegalizados, e resulta que agardan o meu voto en marín… que tristura vital…
Comentario por oko — 4 Marzo 2008 #
Vaia, ho, aínda estás a tempo de votar aos abertzales ilegalizados en Marín, digo eu, que unha cousa non quita a outra…igual che pediu o votou unha veciña candidata a senadora…haha
Comentario por mao-mao — 4 Marzo 2008 #
gracias a deus libreime da campaña de alá, que nin o debate puiden ver…
aquí a cousa está máis animada… e moita xente non toma o voto tan á lixeira… (e nin gún veciño se presenta ao senado que eu saiba
Comentario por oko — 9 Marzo 2008 #
Joder, non te enteras de nada…
http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/global/contidos/novas/novas/nova_0050.html
Comentario por mao-mao — 9 Marzo 2008 #
o dela xa o sabía!
eu falaba dos meus viviños bilbaínos!!!!!!!!!!!!
Comentario por oko — 9 Marzo 2008 #
hai xente que pensa que sabe de todo…
Comentario por caufield — 10 Marzo 2008 #