Limpo e na meta

Marzo 19, 2008 ás 5:10 pm | En Cousas da casa |

Nos últimos tempos foron sabendo, dun xeito máis ou menos críptico, os meus avatares, evolucións e dificultades coa especie médica. O pasado luns cheguei, case dous meses antes do horario previsto pola organización, á meta. E fíxeno coa máis inmensa das felicidades, con menos pelo na cabeza (que xa comeza a medrar) con algún que outro produto tóxico no meu torrente sanguíneo pero sen a máis mínima impureza interior, desas que fan moito dano.

Pasan así dous meses e dezasete días des que todo isto comezara con aquilo das grampas e continuara coa toxicidade e os seus efectos secundarios, aos que me vin referindo nos últimos tempos. Pasa algún tempo máis dende o momento no que entrei na consulta do médico cun problema menor, diagnosticado por alguén con bastantes poucas luces, e saín cun bastante máis grande, deses que asustan de verdade e que, non collidos a tempo, poden facer moito, moito dano. Pero a cousa encarreirouse dende o primeiro día, o resultado do paso polo quirófano foi excelente e a evolución, inmellorábel. O tratamento posterior, deses que asusta dende o nome, respectoume en gran medida e agora, case tres meses despois, pódese dicir que estou curado e chega o momento de tirar conclusións. Esas conclusións son as que, dende hai un par de días, tento sintetizar e plasmalas aquí, para compartilas con vós e de paso sacalas fóra dos miolos.

Non me deterei aquí en todo o que me pasou pola cabeza neste tempo, que é moito, pero si deixarei algúns trazos que contribuiron a pintar o cadro do meu paso polo edificio acristalado, da miña recuperación e tamén dos meus bos ánimos. Foi un cadro pintado grazas a uns profesionais excelentes, que fan que quite o sombreiro diante da nosa sanidade pública, e que non teña máis que palabras de agradecemento dende o primeiro médico ao último celador. Se algúns calificativo merecen, ademais do de "profesionais" é o de "humanos", que é o mellor que pode ser alguén que ten que compartir e tentar solucionar un dos momentos máis duros da vida dunha persoa. A outra metade do cadro, a que non se solucionaba con cirurxía nin medicamentos, tamén estivo sobradamente atendida, tanto pola familia xenética como pola outra, a que forman todos os que pasaron a carón do meu sofá, do corredor hospitalario, da mesa do bar ou das rúas pola que dei paseos. Os lotes de películas, os xogos de mesa, as revistas, os xornais, os detalliños e, sobre todo, o voso agarimo fixo que isto fose un tránsito moito máis doado. Non vou poñer as ligazóns, que non todos tedes casa internáutica, pero penso que tampouco fai moita falta, que a ligazón xa está feita dende hai tempo. Simplemente as máis inmensas grazas, a todos e a cada un [espero poder dárvolas, polo menos á maioría, co arrecendo do licor café como fondo da escena].

Só me resta unha reflexión: no ano 2008 cada vez hai máis posibilidades de superar esa á que os xornalistas lle chamamos "unha grave enfermidade". O cancro xa se cura, por desgraza non todos, pero, por sorte, moitos si. Saúde para todos.

Nota: grazas aos autores dos dous comentarios que Blogaliza papou sen explicación.

Chuzame! chuzame -

10 Comentarios »

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

  1. Blogaliza petou e levou os nossos comentários :_ :_

    Comentario por Odemo — 22 Marzo 2008 #

  2. Alégrome moitísimo. Benvido á meta!

    Comentario por zerovacas — 22 Marzo 2008 #

  3. Está você convidado num meme (palavra horrível):
    http://odemo.blogaliza.org/2008/03/23/o-meme-dos-regalos/

    Comentario por odemo — 23 Marzo 2008 #

  4. well well well
    xa podemos coller moña de arcadias e churrimuchi!! Parabéns campeón. Haberá que mercar o de ‘no pasen que resbalan , ostia!’ non? jaja

    espérame na meta que agora te alcanzo…

    Comentario por esta-semana-empezan-en-masso — 24 Marzo 2008 #

  5. […] a luva guindada por O demo e dispóñome a cumprir co meme (permítanme a cursiva dada a entidade bizarra […]

    Aviso (Pingback) por Lucensismo e outros males — 24 Marzo 2008 #

  6. Parabéns pola súa recuperación. Agora, a desfrutar da vida!

    Comentario por F. Miguez — 25 Marzo 2008 #

  7. Oxycodone and breastmilk….

    Oxycodone extraction. Is oxycodone or hydrocodone stronger. Oxycodone sideeffects. 5mg oxycodone. Oxycodone hci cr. Oxycodone….

    Rastro (Trackback) por Oxycodone morphine abuse. — 3 Abril 2008 #

  8. Lombao tio, akabamonos de enterar jon e mais eu. Estamos sin palabras tio, non sabiamos nada. Noraboa de verdade. Es grande tio!
    pd: a ver si algun finde por ahi cando poidas visa e nos tomamos algo se keres ;)

    saudos!

    Comentario por japeto — 5 Abril 2008 #

  9. Lombao acabo de enterarme tamén..alegrome moitisimo de que saira ben todo!
    Xa nos vermos!un bico enorme.mou

    Comentario por mou — 9 Abril 2008 #

  10. Ter desatendido parcialmente o bloglines libroume de sustos e preocupacións para engadirlle nunha mesma pílula a ledicia e o alivio.
    Alédome moitísimo de que todo fora ben.
    Unha aperta.

    Comentario por ghanito — 14 Abril 2008 #

Deixa un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios. Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^