“Si es que va provocando…”
Abril 17, 2008 ás 9:41 pm | En Medios, País |
A esta xornalista da fotografía, Isabel Quintairos, despedírona do seu posto de traballo logo de 20 anos de exercicio da profesión na mesma empresa. Aproveitando que regresaba dunha excedencia, aseguráronlle que o seu posto estaba amortizado, isto é, despedírona de facto. As súas faltas, delitos ou -vaia vostede saber- pecados:
-
Casar cunha muller.
-
Traballar, durante catro anos, coma responsábel de prensa do grupo do BNG na Deputación da Coruña.
Segundo recolle a sentenza xudicial correspondente, a Isabel botárona por ser homosexual e simpatizante do Bloque. Dado que non existían motivos para o despedimento, a xuíza obrigou a empresa a readmitila, sentenza contra a que foi presentado un recurso, e mesmo unha denuncia contra a maxistrada, por redactala en "una lengua tal vez cooficial o algún dialecto". A semana pasada foi despedida outra vez, previo acoso laboral, por "razóns obxectivas". A empresa en cuestión é propiedade da Conferencia Episcopal, que disque predica a igualdade, os valores do Evanxeo, etc. Demencial.
+ info en El País do 17 de abril. As sentenzas, aquí e mais aquí.
Foto: Anxo Iglesias.
chuzame -
2 Comentarios »
Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI
Deixa un comentario
Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios.
Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^















Se o facebook non minte, parabéns polo aniversario

Comentario por ghanito — 22 Abril 2008 #
Non minte, non. Grazas!
.
Comentario por O'Xirarei — 22 Abril 2008 #