Pode ser un gran ano

Abril 22, 2008 ás 10:47 pm | En Cousas da casa |

Ás veces aproveitamos o día de Aninovo para poñer un punto e seguido -ou un punto e á parte- na nosa andaina. Eu hoxe non me propuxen comezar a ir ao ximnasio (aínda que non me viría mal), desenfurruxir o meu inglés (cousa que tamén sería beneficiosa) ou adelgazar. Pero tamén é verdade que os 22 marcharon ás dez da mañá e non van volver máis. Non vou dicir que-vaia-Dios-con-eles, pero o certo é que, aínda que non volvan, tampouco pasa nada. Benvidos os 23 e, con permiso de Serrat...

Este pode ser un gran ano, duro con el

Nota ao pé: ollo, reflexións que só se poden atopar en Compostela.

Chuzame! chuzame -

3 Comentarios »

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

  1. é que os 23 van ser un bo ano! eu agardo con ansia polos meus!!!

    Comentario por oko — 23 Abril 2008 #

  2. Se quere que lle meta medo, eu empecei a relacionarme ca señora Colombo o dia no que fixen 23 anos :lol:

    Comentario por ghanito — 23 Abril 2008 #

  3. Noraboa, feliz aninovo!

    Comentario por zerovacas — 25 Abril 2008 #

Deixa un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios. Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^