Apuntamentos no Día das Letras

maio 18, 2008 ás 5:22 pm | En Divagacións, Momentos freaks, País |

Ademais de todo o de sempre, do poeta do Día, de na Galiza en galego e do moi honroso resultado da manifestación convocada pol'A Mesa, hai certas frases, diálogos ou situacións das últimas horas que merecen ser escritas por alguén, co obxectivo de que perduren alén da miña -hoxe- precaria memoria, por mor da escaseza de horas durmidas. A saber:

-Un libro de Marta nunha carpa instalada na Praza do Toural para vender libros galegos.

-A toalha de mesa, por riba d'A Mesa.

-Aquí estamos, ao pé do Callón.

-Un paraugas de PG, que non do PG, na man dunha conselleira (favorita) manifestante.

-Que queiran, que non, Mourente a Eurovisión.

E, por último, o seguinte diálogo escoitado a pé de rúa...

Señora 1 (saíndo do portal): Ola, (nome).

Señora 2 (pasando pola rúa): Que, como vai ese home?

Señora 1: igual, segue mal, segue mal.

Señora 2 (con ton case de reproche): ti tamén, que mala sorte tuveches (sic) na vida, cando non é o marido, é o xenro, é que tu tamén... (inaudíbel).

Foto: Vieiros

Chuzame! chúzame -

3 Comentarios »

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

  1. Que grande o do livro de Martita XD XD

    Comentario por Odemo — 20 maio 2008 #

  2. mágoa non poder estar :(

    Comentario por oko — 21 maio 2008 #

  3. Marisol DEMISIÓN!!!!!!!

    Comentario por mao-mao — 23 maio 2008 #

Deixa un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios. Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^