Crise

xuño 11, 2008 ás 9:34 pm | En Cousas da casa, Divagacións, Momentos freaks |

Compartía uns grelos con chourizo, unhas croquetas, queixo de tetilla e unha ensalada con nome de blog nun clásico local de Compostela cando os meus compañeiros de mesa e mais eu comezamos a falar... da crise. En síntese: a folga do transporte, o mar e, en pouco tempo, os labregos, é só o comezo da crise do sistema, provocada polo espectacular encarecemento do petróleo. Un crack, a creba total do noso modo de vida, a fuxida das cidades e a volta ás pequenas comunidades baseadas na agricultura de subsistencia. Catastrofismo? Botáronnos algo na masa das croquetas? En todo caso... imaxínano? E, o máis importante... Murcia e La Rioja... existen?

Chuzame! chuzame -

2 Comentarios »

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

  1. que felicidade, sachando na horta e non chupando sesións no parlamento, non si?
    desgastar os cadrís versus desgastar a ialma

    Comentario por oko — 11 xuño 2008 #

  2. es un crack, sentaríache ben o lejón eh? Oes, que eu en cangas village teño uns metriños sen plantar para o que goste! Por acá estílase, tamén, ir ao mar de noite, así que podemos alquilar unha planeadora e facer aventura fariñenta no mar ;) Iso non é subsistencia?

    Comentario por cangas — 12 xuño 2008 #

Deixa un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios. Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^