Xullo, 2008

Moncho, pon outras

Xullo 26th, 2008 Xullo 26th, 2008
Posted in Cousas da casa, Divagacións
1 Comment »

Unha mensaxe no móbil serviu para me enterar de que o licor café ao que me convidou Moncho hai tres semanas era o derradeiro. Unha entrevista, no ano 2006, serviume para coñecelos a el e mais a Isa, a súa muller, e tamén ao monte de historias que atesouraban, acumuladas durante tanto tempo no histórico Porrón da rúa das Casas Reais e, nos últimos tempos, no reaberto Rincón, na Algalia de Arriba. Os soldados do cuartel do Hórreo, Fuxan os Ventos, Amancio Prada, e milleiros de estudantes, profesores e parroquianos pasaron polas dúas tabernas e mesmo asinaron ou reflexionaron nas súas paredes pintadas ata o infinito. Agora podo dicir que eu tiven a honra de inaugurar o mosaico das paredes do Novo Porrón, previo permiso de Isa que, como ben me dixo Moncho, era a que mandaba alí.

Despois viñeron moitas noites de cancións, de festa, de viño, de ledicia… dunhas castañas no outono e unhas filloas no Entroido… e de dicirnos que baixasemos o volume cando a crema de augardente bautizada con whisky ou a sangría elaborada con licores de froitas facían das súas. Aínda que nunca de xeito moi rigoroso porque, xa o dicía Moncho: «se eu fose o alcalde, multaba a taberna na que non se cantase«. Foise un taberneiro histórico de Compostela pero, sobre todo, marchou un bo home. Que descanses en paz.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Bo Día da Patria

Xullo 25th, 2008 Xullo 25th, 2008
Posted in Divagacións, País
3 Comments »

Porque, malia durmir tres horas e ter que traballar, malia aos anacronismos, malia a certos eslogans, malia aos de sempre, este Día encántame.  Bo Día da Patria.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Os Rastreros seguro que non pensaban nisto

Xullo 14th, 2008 Xullo 14th, 2008
Posted in Divagacións, Momentos freaks, País
4 Comments »

Quizais era só cuestión de tempo: señora, a Xunta organizou unha tractorada. O certo é que, nestes tempos confusos que nos toca vivir, non sería máis de estrañar que moitos outros saraos do Goberno, pero isto en concreto (aínda) non pasou. Trátase dunha peregrinaxe a Compostela protagonizada por 24 tractores clásicos.

Nota mental 1: non lles lembra a ningunha obra pictórica, polo menos en espírito a foto de Otto, artista de AGN? Mirada ao horizonte, bandeira ao vento.

Nota mental 2: non sería un conselleiro de Medio Rural montado nun Massey Ferguson de época un bo cartaz para o vindeiro 25? Non é Barreiros, vale, pero… sempre poderá valer para unha campaña contra os incendios, recuperando o lema «Sorte para o País», que un director xeral xa fixera célebre nos infaustos días do verán de 2006.

Nota  mental 3: que pensarán Os Rastreros?

Chuzame! A Facebook A Twitter

Persoas

Xullo 10th, 2008 Xullo 10th, 2008
Posted in Alén Piornedo, Divagacións, Medios
No Comments »

Dicía Santiago Carrillo hai uns días en La Ventana, debatindo sobre as novas normas europeas en materia de inmigración: «Un bo día eses inmigrantes virán coma terroristas. E terán razón«.

Foto: de EFE en Público.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cun pelaso

Xullo 7th, 2008 Xullo 7th, 2008
Posted in Cousas da casa
3 Comments »

Hoxe, cinco meses despois, fun cortar o pelo. Todo parece indicar que non sairán ricitos bisbaleros pero, malia todo… nunca imaxinei que me faría tanta ilusión poder ser cliente dunha perruquería.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Agora andan a pedir polas portas

Xullo 6th, 2008 Xullo 6th, 2008
Posted in Sen clasificar
2 Comments »

Hai uns anos, unhas mentes iluminadas, con cuarto de neurona e metade de cemento, decidiron que A Mariña de Lugo era un sitio ideal para crear a Marbella galega. Así as cousas, coa burbulla inmobiliaria máis que pletórica, comezaron a alicatar ata o teito unha costa que os que temos máis de 15 anos aínda lembramos cun chalé cada catro quilómetros e o resto costa, simplemente. A día de hoxe, ir por alí, aínda que sexa de pasada, dá pena e vergoña allea a partes iguais: Barreiros, Benquerencia, Reinante… e así ata Ribadeo, chalés de infame gusto e peor situación. Pero por se non fose pouco, a burbulla vén de rebentar e, como ben apuntaba Tomás G. Morán na Voz de onte, agora ese soño imbécil que non puido ser deixounos «feísmo en cantidades industriais«, de tal xeito que «a parede sen recebar do emigrante de Fráncfort mesmo nos vai parecer bonita». E, de paso, queda un entorno natural privilexiado estragado para sempre, a non ser que alguén poida (e se atreva) meterlle a piqueta. Así e todo, os que se meteron a tabeiróns inmobiliarios seguen tentando pescar nun río no que apenas quedan peixes, e penduran cartaces coma o da imaxe, ata nas casas en ruínas, a ver se alguén pica. Ao cabo, como xa houbo quen lembrou, na Mariña hai máis de quince días de sol ao ano!.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hoxe é venres, un saúdo!

Xullo 4th, 2008 Xullo 4th, 2008
Posted in Medios, Momentos freaks
1 Comment »

Hoxe, e vai un número de veces que só se pode expresar con notación científica (máis info, sobre o asunto, consulte aquí), estes de aquí arriba volven ao Luar, ese fito. Xunto a eles, outro clásico, Sergio Dalma, «un intérprete moi querido polo público galego». Mágoa que xa non canten o Candil, Marica chuschús.

Nota para iniciados: vexan aquí!

Chuzame! A Facebook A Twitter