Setembro, 2008

Hai que subvencionalos!

Setembro 29th, 2008 Setembro 29th, 2008
Posted in Blogaliza, Momentos freaks, País
5 Comments »

Hai que subvencionalos, by Fer

Dende os cerebros máis perversos do Inframundo compostelán. Dos produtores de Agora mandamos nós. Con algunha dose de licor café… e materializado pola retorta -e lúcida- mente de Fer, a Consellaría de Estómagos Agradecidos ten a honra de convidalos a esta magna estrea mundial. Case catro anos despois, daquilo que cada un pense en candidatos e candidatas para protagonizar, co-protagonizar e figurar nun filme chamado a revolucionar o país bipartito.

Libera… que?

Setembro 18th, 2008 Setembro 18th, 2008
Posted in Alén Piornedo
3 Comments »

A CEOE reclama “unha paréntese” no libre mercado para atallar a crise.

Zapatero responde á CEOE que confía na independencia e na liberdade dos mercados.

Estes son os meus principios. Se a vostede non lle gustan, teño outros.

Groucho Marx.


Coma un buxo II

Setembro 10th, 2008 Setembro 10th, 2008
Posted in Cousas da casa
6 Comments »

ITV

Estás perfecto e seguirás estando perfecto“, a doutora dixit. Segunda ITV superada!

La Police de la pensée

Setembro 8th, 2008 Setembro 8th, 2008
Posted in Alén Piornedo, Rachí
2 Comments »

Sarkozy 1984

Por cousas coma esta, que lembran demasiado á obra mestra da política ficción asinada por George Orwell, a este home nunca lle deixarían entrar nas marabillosas festas do meu barrio. (Observen a habilidade de quen subscribe para ligar temas :P).

Premios a esgalla

Setembro 3rd, 2008 Setembro 3rd, 2008
Posted in País
3 Comments »

Recortes Premios Galicia Comunicación

Son algo menos de tres anos os que separan estes dous recortes. O primeiro corresponde a finais de 2006, cando o por, naquela altura, “Novo Goberno“, daba os seus primeiros pasos. O segundo, está tirado dun DOG de hai uns días, e convoca unha nova edición duns galardóns que nos van custar 43.990,36 euros. Nunca me poderá parecer ben un premio xornalístico que proveña dun Goberno, sexa este do cor que sexa e veñan as propostas de onde veñan -agora deben ser enviadas polos autores dos traballos ou por  persoas e/ou entidades que consideren a un terceiro merecedo do galardón-. E é que, na democracia mediática (que vén de “medio”, pero tamén podería vir de “medo”) na que vivimos, o que menos falta fai é unha ligazón de vasalaxe, servilismo, peche de bocas, adulación barateira ou palmadiñas nas costas entre Executivo e empresas de comunicación. Subvencións, premios e medios públicos. Novo Goberno, cambio(?).

Dublín e familia

Setembro 2nd, 2008 Setembro 2nd, 2008
Posted in Divagacións, Rachí
2 Comments »

Vista de Dubl�n dende a fábrica de Guinness

De novo na casa e a poucas horas da reinserción na realidade cotiá, un non pode evitar botar a vista ás últimas tres semanas. Dublín é unha cidade acolledora, amábel coma boa parte dos seus habitantes, húmida coma Compostela nun outono dos de verdade. Sabe a cervexa Guinness e arrecende a fast food de todas as partes do mundo, sobretodo en certas rúas nas que, perigosamente, os pubs de toda a vida están sendo substituídos por, por exemplo, establecementos de kebabs de destrución masiva. Pero se falamos de pubs, falamos, inexcusabelmente, de música, esa que por aqui lle chaman “celta”, de pintas, conversas interminábeis e noites que comezan a media tarde. Son estes os verdadeiros centros neurálxicos da capital dun país indisimuladamente rico, con parellas de mozos loiros que teñen nenos de anuncio, adolescentes perigosamente aburridos e unha inmigración que, polo menos en apariencia, semella máis integrada que nas grandes capitais.

Pero non falamos só de turismo nestas liñas. E é que foron estas as primeiras vacacións en tres anos de quen asina, e tamén os primeiros días de case-desconexión en moito, moito tempo. Logo duns meses cuxa referenza vostedes xa puideron ler por aquí, a capital irlandesa actuou como un bálsamo que, ao tempo que desenfurruxía o meu inglés, me permitiu coñecer a persoas que, non direi (polo menos aínda) que pasan ao capítulo das amizades profundas, pero si ao das conversas sinceras e ao do riso con gañas, que é máis do que se pode dicir de moita xente a día de hoxe. Foron tamén días de coñecer: lugares, culturas, palabras… usos e costumes en xeral, romper estereotipos e abrir a mente, entre as aulas do Alpha College, os locais de Temple Bar e as festas brasileiras, entre outros.

Mais, con todo, sen dúbida, o máis importante destas tres semanas debe ser o substrato, o que queda agora, unha vez baixado do avión e no inicio da aterraxe na realidade. Hoxe, de camiño entre Lavacolla e a casa, dixéronme que se me vía contento. Posibelmente sexa certo. As pilas veñen máis cargadas do que marcharon e, sen dúbida, serán de gran axuda para (o) mañá. Estamos de volta… e haberá que facerlle caso a aquel que dicía aquilo de érguete e anda,/como en Irlanda, como en Irlanda.

Nota musical:
Toda viaxe ten unha banda sonora, que non ten por que, en principio, estar completamente vencellada ao lugar en cuestión. A min sempre me lembraran a Dublín, ás súas noites e todo o que alí vivín, músicas como estas (non pregunten por que):

  • A banda sonora do filme Once (que recomendo), rodado en Dublín. Aquí hai unha boa mostra.
  • Madonna – Give it 2 me (aquí)
  • Alphabeat – Boyfriend (aquí)
  • The Ting Tings – That’s no my name (aquí)
  • Calquera do espectáculo Riverdance (aquí)