Primeiro aniversario, haberá máis

Aniversario

Hai exactamente un ano levaba algo máis de catro horas sentado no sofá do salón da miña casa compostelana, cunha capacidade de movemento autónomo moi semellante á dos ollos dun gato de porcelana e un cóctel de analsexia no meu interior para aminorar os efectos da navallada curativa. Probabelmente, naquela altura non tiña unha consciencia plena dos acontecementos. Se cadra, agora tampouco. En todo caso, creo que podo afirmar, sen temor a trabucarme, que hoxe estou de aniversario -e non será o último, nos vindeiros meses haberá algún máis. Páseno ben e, se nestes días nos atopamos, lembren que temos un bo motivo para brindar. Feliz aniversario.

E de sobremesa, unha frase picarona que Fuxan os Ventos me devolveron á mente nesta tarde: Vamos ruando meniña e vamos ruando a eito, xa que levamos a sona, levaremos o proveito

Nota mental: Lugo nunca deixará de sorprenderme. Se levas unha vestimenta minimamente “distinta”, tododiós te mirará pola rúa. Agora, se es un señor con bata de felpa, pantuflas e unha txapela entrando nun bar, non pasa nada. Iso debe ser bo, case seguro…

8 Responses to 'Primeiro aniversario, haberá máis'

  1. Galeguzo Says:

    Vamos, que há um ano que volveste nascer 😉

    Pois nada, nada… E QUE CUMPRAS MUITOS MAIS!!

  2. emereci Says:

    está en lucus, cabaleiro? se é así, se cadra aínda nos vemos por aí e tomamos esa copa de celebración… ben a merecemos 🙂

  3. O'Xirarei Says:

    Efectivamente, aquí estou! E disposición para as copas haina, e moita 😉

  4. odemo Says:

    Já passou um ano?
    Outra cousa nom poderemos dizer, mas que saiu mais forte de todo isto sim 😀

  5. odemo Says:

    Nota: É você um orgulho para este país 😀

  6. ghanito Says:

    Vexo moi mal que busque vostede desculpas para quitarse anos. 😉

    Unha aperta.

  7. oko Says:

    vivan as txapelas!!!!
    vivan os que levan as txapelas!!!

    (e xa un ano, mon dieu!!!)

  8. Toño Randeeira Says:

    … en Lugo, se vas en madroñas tamén chamas a atención, comprobado por un servidor.
    A todo isto, feliz aniversario. O máis duro sempre é o ano cero.