25 de abril, Día da Liberdade

Abril 25, 2008 ás 2:19 pm | En Alén Piornedo, Divagacións | Sen comentarios

Hai 34 anos, os militares puxeron fin á ditadura que afogaba Portugal. Esta semana, ao escoitar en Compostela a Otelo Saraiva de Carvalho, fun consciente da importancia daqueles acontecementos e, quizais, da mágoa de que durante a ditadura franquista non houbese suficientes oficiais con valor como para artellar algo semellante e, aventuras como a UMD quedaran só niso. O ideal e o desexábel é que ao ditador o derrumbe o pobo, mais se hai axuda dos fusís, sempre é máis doado. Iso si, sempre cun cravo dentro de cada canón.

Actualización: non vai ser todo Revolução... hai algo máis que nos une aos vizinhos do sul. Pimba!--> .

Chuzame! chuzame -

Diante da dúbida…

Decembro 5, 2007 ás 12:01 am | En Alén Piornedo, Medios | 1 Comentario

Visto en Público. E razón non lle falta...

Chuzame! chuzame -

Denunciado

Outubro 20, 2007 ás 3:15 pm | En Alén Piornedo, Medios | 2 Comentarios

Íñigo Landa Larrazábal, cidadán vasco neto de represaliada, vén de denunciar a Jaime Mayor Oreja, eurodeputado do Partido Popular, por "enaltecemento do franquismo". Esta demanda chega logo de que Mayor, no transcurso dunha entrevista en La Voz de Galicia, deixase para a posteridade perlas como "¿Cómo voy a condenar [o franquismo] que, sin duda, representaba a un sector muy amplio de españoles?" e na que tamén aseguraba que, aínda que "Algunos dicen que las persecuciones en los pueblos vascos fueron terribles (...), no debieron serlo tanto cuando todos los guardias civiles gallegos pedían ir al País Vasco. Era una situación de extraordinaria placidez".

Estas declaracións e a posterior denuncia, dan lugar, ademais de a un retrato das afinidades do personaxe, a unha reflexión posterior: que pasaría se as afirmacións de Mayor Oreja fosen feitas, poñamos por caso, por un líder da esquerda abertzale ou mesmo por un dirixente do PNV sobre a implantación social de ETA durante a ditadura? Se cadra, aplicábanlle a Lei.

Chuzame! chuzame -

Aquí e na China

Outubro 17, 2007 ás 11:15 pm | En Alén Piornedo, Medios | 2 Comentarios

Josep Lluís Carod-Rovira en Tengo una pregunta para usted. Paréceme unha boa homenaxe a todos os damnificados por, por exemplo: Seijo, Seijas, Otero, Buján, Teijeiro, Noya... mesmo Rajoy, se me apura.

Nota mental: que grande Carod. E que atrevida a ignorancia.

Nota mental 2: Houbo quen se extendeu máis na interpretación da xogada. Secúndoo completamente.

Chuzame! chuzame -

Tú eres roja, tú eres gualda

Outubro 13, 2007 ás 3:43 pm | En Alén Piornedo, País | 12 Comentarios

Recollo aquí unha das instantáneas que onte se puideron captar na Praza do Obradoiro e que hoxe podemos ver en Galicia Hoxe. O caso é que, en torno á unha da tarde, cando o sol máis apretaba, un matrimonio composto por unha camiseta da selección española, gafas de marca, carriño de bebé coa bufanda da citada selección e unha banderita tú eres roja-banderita tú eres gualda de grandes dimensións, agardaba no centro da praza. Pasaban os minutos e uns turistas cordobeses por aquí, uns militantes de Nuevas Generaciones por alá e un Gerardo Conde Roa e varios concelleiros por acolá, formaron un grupo dunhas 30 persoas con touros de Osborne, gomina, gafas de sol e máis banderitas tú eres roja-tú eres gualda, unha delas de aproximadamente 3 metros e á que foi necesario retirarlle un crespón negro (que seguramente foi empregado noutro destes divertidos saraos). Lectura de manifesto, Vaspaña! e a outra cousa.

Pero cando os nosos protagonistas marchaban a tomar o vermú de forma natural, como a xente normal, sin aspavientos e con franqueza (sobretodo co segundo), en torno a dez mozos berraron dende as escalinatas da Catedral, en favor da autodeterminación de Galiza e mostraron unha estreleira e a bandeira deseñada por Castelao para a República Galega. E aí, as familias normais, sacaron de radiocasé e, ala, himno-que-te-crió e consignas á antiga usanza: "España una, y no cincuenta y una", "Viva España, coño!". Algúns, mentres rosmaban "si somos todos españoles...". Minutos e pimpampún de consignas máis tarde, o grupo disolvíase.

Isto lémbrame que o señor que se disfraza do Rei e que manda nos convocantes disto que lles conto di que se van ocupar dos problemas reais da xente de aquí ás eleccións de marzo. E asegúrao nun acto que tivo coma mensaxe central a defensa de España e a bandeira española "se ofenda quien se ofenda".

Chuzame! chuzame -

Chamamento no Día da Ralea

Outubro 10, 2007 ás 11:14 pm | En Alén Piornedo | Sen comentarios

Este señor, ao que vostedes coñecerán de grandes éxitos como El Prestige y la guerra de Irak son asuntos llamativos, vén de lanzar unha mensaxe disfrazado de Presidente do Goberno español [actualización: o disfrace é de Rei en Noiteboa] no que chama a celebrar o 12 de outubro (octubro ou ouctubro, segundo NN.GG.), disque Día de la Fiesta Nacional ou mesmo Día de la Raza, pensará el nos seus adentros. O caso é que, rodeado da rojigualda e de fotos de familia e amigos, Mariano gozou por un momento pensando en que manda e, logo de asegurar que se sinte "orgulloso de ser español", instou a todo aquel que o escoita a deixar claro que é necesario que "todo el mundo sepa lo que los españoles sentimos por España e que sabemos proclamarlo sin aspavientos, pero con orgullo y con la cabeza bien alta". Pois que lle preste.

Nota mental 1: Miren que cariña lle quedou como quen... "te prometo que me creo lo que te digo".

Nota mental 2: Esta xente dá(me) medo, e non (só) por feos.

Nota mental 3: Esta mensaxe formará parte dalgún tipo de terapia de autoafirmación?

Chuzame! chuzame -

Unha pregunta inadecuada

Setembro 19, 2007 ás 7:38 pm | En Alén Piornedo | 1 Comentario

A democracia máis antiga do mundo. Un estudante vai e pregúntalle ao ex-candidato presidencial polo Partido Demócrata, John Kerry, se el, coma George Bush, pertenceu á sociedade secreta "Skull and Bones" da Universidade de Yale. Kerry disque tentou respostar pero -seguramente para aforrarlle o mal trago- a policía botouse sobre o estudante e, previa malleira e uso de porras electrificadas, detivérono. Está acusado de resistencia á autoridade.

Chuzame! chuzame -

76 licenzas, 50 traballadores

Setembro 17, 2007 ás 6:05 pm | En Alén Piornedo, Divagacións, Xornalistiña | 1 Comentario

Leo en PR Noticias un resumo da actividade de Kiss FM e o seu propietario, Blas Herrero. Como ben din os manuais da factoría, o titular debe enganchar (e seguro que doce ou setenta características ordeadas en puntos que non lembro) e este consígueo, ademais de afectar e provocar a reflexión, agárrese: 76 licenzas (unha delas en Vigo) e 50 traballadores. En síntese, falamos dunha radio que pasa de largo sobre requisitos básicos na concesión de licenzas, como a creación dun determinado número de postos de traballo, posuír estudos ou fomentar os valores locais... algo bastante difícil se temos en conta que a empresa en cuestión emite integramente dende Madrid, cidade na que se atopa a súa enorme plantilla de traballadores. Malia este tipo de irregularidades, a Kiss FM segue emitindo la mejor música (sic) e o seu propietario continúa obtendo licenzas.

Pero, saben o peor de todo? Que poría a man no lume ao afirmar que boa parte dos empresarios do negocio, tamén en la tierriña, miran a Kiss FM con envexa e coa vontade de seguir os seus pasos... que é o que importa? que pola radio, tv ou xornal saia algo, xa sexan noticias, cancións, videos ou fotos... que apañe subvencións, poida coller ben publicidade... en suma, que dea cartos. E se un xornalista operario pode escribir, locutar, cantar e bailar, para que contratar cinco ou seis?

Chuzame! chuzame -

Apuntes del Natural

Setembro 15, 2007 ás 5:00 pm | En Alén Piornedo | 3 Comentarios

Retomo, vía Chuza!, a lectura das opinións do xornalista Javier Ortiz, lúcido artiguista (dise así?) sobrevivente nas páxinas de El Mundo e . O meu primeiro contacto con Ortiz, salvo lecturas moi esporádicas, foi nunha aula universitaria. Alí deunos a súa visión da actualidade, do mundo... e de especímenes como Federico (con quen se leva mal malia a un intento de reconciliación, con mesa e mantel polo medio e con Pedro J. Ramírez como mestre de cerimonias). Xa me disperso, o conto: retomo a lectura das súas opinións no seu blog, Apuntes del Natural... para engancharse un pouco recoméndolle por exemplo, señora, as dúas últimas entradas: "La fiscalía antimonárquica" e, sobre todo, "Nacionalismos", unha atinada radiografía do nacionalismo español e a súa reacción contra os nacionalismos galego, catalán e vasco.

Chuzame! chuzame -

Por quen ondean as bandeiras?

Setembro 9, 2007 ás 3:26 pm | En Alén Piornedo, Medios, País | 2 Comentarios

mosquera-sastre.jpg

Voulles contar unha anécdota que pode non ser ningunha ofensa de primeira magnitude contra a dignidade nacional nin moito menos -creo- pero si que é un feito significativo e unha mostra de faltadeignorancia. Novena etapa da Vuelta Ciclista a España (a carreira que saíu de Vigo a instancias de quen vostede xa sabe), dous corredores suben un cumio dos Pirineos nunha etapa con meta na estación de esquí de Cerler, en Aragón. Estes dous corredores, aos que vostede pode ver na imaxe, son Carlos Sastre, do equipo CSC, nado en Madrid e formado en Ávila, e Ezequiel Mosquera, do Karpin Galicia, nado en Cacheiras (Teo). Nun intre próximo ao final da tirada, tres ou catro afeccionados hondean bandeiras galegas en plena montaña(algunha delas engarzada no mesmo mastro cunha española, en fin) e dan ánimo aos ciclistas. O narrador da carreira, Carlos de Andrés, sentencia: "Ahí vemos a los aficionados, animando a Carlos Sastre".

Chuzame! chuzame -
Seguinte páxina »

Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios. Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^