Os valados do Ceao

Setembro 5, 2007 ás 8:34 pm | En Alén Piornedo, País | 4 Comentarios

valados-ceao.jpg

Polígono do Ceao (Lugo), ano 2003. O Ministerio de Fomento dirixido por Magdalena Álvarez, esa ministra, inicia as obras de arranxo dos accesos e a súa conexión coa estrada N-VI. Aproximadamente un ano despois, o fundamental da obra -un paso subterráneo- queda arranxado e Fomento instala valados e balizas (tremendo palabro aprendido nos meus anos de autoescola) de xeito "provisional" a xeito de mediana e de rotonda, as obras que restan por facer. Un, que por aquel entón ía en bus, observaba con atención a non-evolución dos traballos.

Setembro de 2007. Os valados están fixados con cemento ao chan dende hai varios anos e por baixo xa lles medrou herba en abundancia. De súpeto, salta a noticia, Fomento reanuda as obras, a mediana e a rotonda faranse e aínda por riba (sente, señora) construirase un paso elevado con-ascensor (véxase referentes, do mesmo partido). Me se ocurre... en marzo hai eleccións, disque e, logo de tanto agardar, que menos que inaugurar a obra cando estea rematada non?. País(-es).

Foto : El Progreso

Chuzame! chuzame -

Este berro para molar, Xabarín popular!

Setembro 3, 2007 ás 7:40 pm | En Alén Piornedo, Divagacións, País | 36 Comentarios

xabarin.gif

Leo en Chuza! que un tal copopoc meneou un post do coñecido blogueiro tangallegocomoelgazpacho alcumado Elentir, no que o devandito humorista alerta sobre o perigoso que pode ser o videoclip Piripimpín, das Malvela (un "grupo de paisanos" ou "alegre coro vecinal") que agora se emite no Xabarín Club (programa que ten unha mascota á que podedes ver sobre estas liñas en actitude ameazante, instando aos inocentes infantes galegos a afiliarse, como mínimo ao BNG, como máximo sabediós a que forza do independentismo terrorista.

O conto é que a raíz da meneada en cuestión, puiden ler un simpático debate sobre o pernicioso que pode ser o Xabarín e, máis concretamente, as súas cancións, temas do máis radical que poidamos atopar e que, por exemplo, animan aos rapaces a "insultar a los castellano hablantes" ou a "solucionar los problemas a golpe de escopeta". Así as cousas, grazas ao amigo copopoc vin a luz e logo de berrar EUSKERA!, digo... EUREKA!... púxenme a lembrar algunhas das cancións que dende tal maléfico clube podreceron o meu cerebro e inseriron a miña persoa nunha deriva nazi-onalista desas contra as que alertan en Libertad Digital... e cheguei a conclusións coma estas:

  • Satélite Xabarín: mensaxes que, claramente, insisten na necesidade de liberarnos da opresión española e acadar a independencia tecnolóxica. Ademais (aínda que varios anos antes) apoia o proxecto de Emilio Pérez Touriño para crear un satélite propio.

  • Just Girls: as mulleres españolas son malas, reprimidas e beatas. En cambio, as portuguesas, malia ao seu bigote, son guapas e divertidas, ademais de animar aos pobres infantes a escapar da casa, emborrachuzarse como preas á marxe da autoridade paterna e darse, en xeral, á mala vida.

  • Fura futbolín: como ben apunta o compañeiro copopoc, chama á revolución e á revolta, a ir contra o bilingüismo legalmente establecido, a matar españolfalantes, etc.

  • Non todo é o que parece: as mulleres revólvense contra a familia tradicional española, beben alcol, fuman e rexeitan aos homes, coma se tivesen dereitos.

  • Pode ser: un cantante drogado cre observar vacas voando e falando, atribuíndo os efectos do seu vicio aos extraterrestres. E todo isto, en horario infantil.

  • Tá-se bem na ràdio: que dicir, por se non abondase con facer pequenos aprendices de Antxón Kintana, ademais búscase que sexan reintegratas e fumen drogas en Xamaica, indignante.

  • Íscalle lura: xa non hai por onde collela... ridiculizando aos probres madrileños que non fan outra cousa que traer a riqueza montada en estupendos barcos que enchen de vida e cor os nosos portos deportivos, que tanto beneficio traen á deprimida costa galega.

  • Socio, busco un socio: evidente chamamento marxista-leninista. "Un exército de berros... este berro para molar... Xabarín popular". Lavado de miolos mediante o cal se pretende que o conxunto dos nenos se afilien ao partido único e comecen a comer españois.

  • Que calor: Pederastia en estado puro. Unha nena espida tomando o sol na praia ao berro lividinoso de "oh, que calor, que calor fai ao sol, fai tanto calor que ata praia me vou".

  • Fin de semana: Rebelión contra o sistema educativo. Video que mostra as diversións que hai alén da disciplina e os bos costumes do ensino tradicional e monolingüe (en castelán).

  • Onde vas, rapaz?: Siniestro Total, grupo coñecido pola súa afección ao alcol e ás drogas, insiste, nada máis e nada menos, no necesario que é rebelarse contra a autoridade paterna para logo poder acudir a antros insalubres e entrar nunha dinámica de sesodrogasrocanrol.

  • Estou na lavadora: Logo da destrución persoal, os nenos son chamados ao suicidio, concretamente, a meterse na lavadora e pór fin, extenuados, á súa vida de vicio, nacionalismo e destrución anti-española.

  • O sancristán de Basán: Aquí, directamente chamamento á loita armada e apoloxía do terrorismo, incitación á violencia contra o capital (español).

E isto por non falar das actuais, que a min xa non me contaminaron tanto porque xa non estaba na idade... hai algunha que ata di "bombaaa!" repetidas veces, que desfachatez. En fin... coñas aparte... O certo é que hai que padecer ben dos nervios para ver un arma de adoctrinamento masivo nun programa que foi do mellor que deu de si a Galega nos seus vintedous anos de vida, e que moitos galegos lembramos cun sorriso... independentemente da nosa conciencia de país -tranquilo, copopoc, non é tan eficaz (xa podía)-.

Actualización: o compañeiro Galegoman tamén puxo o seu gran de area para alertar aos pobres nenos inocentes, é xusto e necesario recoñecelo.

Chuzame! chuzame -

Matar, non se matou moito

Agosto 14, 2007 ás 5:55 pm | En Alén Piornedo | 1 Comentario

gobierno-dejpana.jpg

O Gobierno de España, que é como lle chaman dun tempo a esta parte ao Goberno do Estado ou Goberno Central, ou mesmo Administración General del Estado na propaganda institucional, anda cambiar a de identidade corporativa. Para a creación dos novos logotipos, convocouse, disque, un concurso de ideas, gañado por un deseñador de nome Juan Repullés Nuño de la Rosa, creador, entre outras, da web da Presidencia del Gobierno ou do Ministerio de la Presidencia. Como poden observar na imaxe superior, un dos logotipos elixidos (o que, supoñemos, ocupará de aquí en diante anuncios, sobres e demais papeis oficiais), ten un sorprendente e estraño parecido co logotipo do Goberno alemán.

Eu entereime esta mañá pola SER que, no seu programa Hoy por Hoy, entrevistaron ao simpático deseñador e, xusto despois, chamaron á súa correspondente en Alemaña para que lles explicase como era o logo en cuestión. Na web da cadea de PRISA aínda fan chanza co asunto baixo o título "Parecido razonable". Sexa como for, será isto un paso máis do Estado español cara á converxencia coa UE? A saber.

Chuzame! chuzame -

Solidariedade

Xullo 21, 2007 ás 3:26 pm | En Alén Piornedo | 4 Comentarios

sp-el-jueves.jpg

Porque os bufóns son cada vez máis necesarios, semella. Ánimo!

Chuzame! chuzame -

Secuestrados

Xullo 20, 2007 ás 4:44 pm | En Alén Piornedo | 3 Comentarios

"Entre a ira musulmana e a defensa europea da liberdade de expresión"

"Unha revista francesa publica as polémicas caricaturas de Mahoma e esgota a edición"

"A pugna pola liberdade de expresión"

Son estes algúns titulares que, entre finais de 2005 e principios de 2006, puidemos ler na prensa logo de que medio mundo musulmán puxese o berro no ceo a causa da publicación dunhas caricaturas do profeta Mahoma. Hoxe, a revista El Jueves foi secuestrada -si, leron ben vostedes- por orde xudicial a instancias da Fiscalía Xeral do Estado. Ademais, o director da publicación debe identificar ao autor da caricatura e a Policía debe requisar os moldes de impresión [isto último semella que vai ser algo difícil]. A causa: a portada que poden ver sobre estas liñas, unha parodia sobre os 2500€ que o Goberno do Estado concede por cada fillo nacido ou adoptado. Nesta banda deseñada, os Príncipes de Asturias aparecen caricaturizados e mantendo relacións sexuais mentres el lle di a ela: «¿Te das cuenta? si te quedas preñada... ¡Esto va a ser lo más parecido a trabajar que he hecho en mi vida». Disque estes feitos poden ser constitutivos de delito: inxurias ao sucesor da Coroa e menoscabo do prestixio desta. Vía El País, aquí tedes o auto xudicial completo.

Nota mental: Gardareina debaixo da cama ou enriba do armario? Entre o somier e o colchón? Cando veñan por ela, cómoa?

Chuzame! chuzame -

Historias do boikot

Marzo 24, 2007 ás 4:15 pm | En Alén Piornedo, Medios | 32 Comentarios

Ai, que ocorrencias teñen estes señores. Non lles chega con tomar a rúa, cual rojos, senón que agora se apuntan ao rollito boikot. Non ven vostedes ao señor de enriba, cos Acebes de turno dicindo...

-Eduardo a ver qué te parece.. she me ocurre que la idea que ha tenido Angelito puesh eshtá muy bien no? Hagamosh como losh rojosh, los jipish y los mariquitash cuando la guerra, que querian boicotear los productos americanosh no? Puesh boicoteemosh a Polanco, hombre, que she va a cagar. Yo ya me he tomado la jushticia por mi mano y estha mañana mismo la chacha ha llegado con un peshcado envuelto en El País y ya le dije yo, tararí que te ví, devuélvalo y que te lo den en un periódico decente.

Coñas son coñas, pero o desta xentiña cada vez dá máis risa e medo, a partes iguais. Miren que me molesta que a zapatero e a min se nos ocurran as mesmas cousas... pero onte mesmo pensaba eu o que hoxe dixo el... Imaxinan que farian estes elementos, no plan que están, se en lugar de na oposición estivesen no Goberno? Nin Don Manuel nos seus mellores tempos.

Nota mental: a verdade é que falar non ten cancelas... pero hai comentarios e comentarios, tamén e certo. (Aínda que non difiran moito da realidade, que ese é outro conto).

Chuzame! chuzame -

ZP é o enviado de Lucifer

Marzo 6, 2007 ás 9:22 pm | En Alén Piornedo | 33 Comentarios

Atopo, vía A Randeeira, esta fotografía de jovenzuelos pacifistas que, como podemos observar na imaxe, están consternados (moito) pola que está montando o Goberno central (si, seguro que sabe quen é, o do masón este que despois de romper Sssspaña,coño agora entrega loquenosestándejandodespaña aos terroristas) con De Juana ese señor que para ben ou para mal, alá cada un, xa cumpríu a súa condea por matar vintecinco persoas, e ao que pretendían, nun primeiro momento, multiplicarlle por non sei canto os anos de cadea por ameazar xente nuns artigos en Gara (ameazar peor que matar? vaia vostede saber, porque se nos metemos nesa dedución lóxica, ao mellor os da foto... en fin).

Xa se me ía o fío. O conto, estes chavalillos, púberes en contra da dictadura deses rojazos que des-gobernan Sssspaña (coño!), berraban o seguinte (obtido d'A Randeeira e á súa vez de La Nueva España, ese xornal):

"Unos trescientos falangistas y militantes de base del PP se concentraron ayer frente al Ayuntamiento de la localidad murciana de Lorca, donde el presidente del Gobierno, José Luis Rodríguez Zapatero, tenía previsto acudir a una recepción oficial, enarbolando pancartas que rezaban «Zapatero, anticristo» y «España cristiana, no musulmana».

Non me dirán vostedes que estas consignas non superan ou, cando menos, igualan ás xa célebres "Cómo me mola la bandera española / a mí me gusta mucho pero falta el aguilucho", "Menos gallego y más eucaliptos" ou "Selección Gallega pim, pam, pum".

Nota mental: se non desen pena e un pouco de medo, só serían capaces de provocar o escaralle xeralizado.

Chuzame! chuzame -

Ai, estes demócratas-de-toda-la-vida

Marzo 3, 2007 ás 7:54 pm | En Alén Piornedo | 7 Comentarios

A min, como mínimo, isto chámame a atención. Pero xa se sabe, os que amparan aos amigos dos terroristas, e xa non digamos os que somos radical-separatistas, non sabemos respetar a vida, o Estado de Dereito e comemos nenos. Os que si o fan, pois distínguense, coño ya...

Chuzame! chuzame -

O artigo de Oleguer.

Febreiro 8, 2007 ás 9:36 pm | En Alén Piornedo | 8 Comentarios

O chaparrón que lle está caendo ao Oleguer. Lea e xulgue vostede mesma, señora, que se vai fartar de escoitar falar deste artigo. A quen defende? A quen ataca? Conclusións? De momento, seica a empresa que o patrocinaba xa di que deixará de facelo. Lembran o das viñetas?

Chuzame! chuzame -

E os chistes que contaba na intimidade…

Xaneiro 19, 2007 ás 9:11 pm | En Alén Piornedo | 11 Comentarios

Lembran este señor? Si, é o humorista aquel que agora deixou melena. Seica en determinados sectores de Alén-Piornedo é tan admirado coma os nosos Tonechos. Estes días disque actuaba en Italia.

Chuzame! chuzame -
« Páxina anteriorSeguinte páxina »

Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios. Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^