O artigo de Oleguer.

Febreiro 8, 2007 ás 9:36 pm | En Alén Piornedo | 10 Comentarios

O chaparrón que lle está caendo ao Oleguer. Lea e xulgue vostede mesma, señora, que se vai fartar de escoitar falar deste artigo. A quen defende? A quen ataca? Conclusións? De momento, seica a empresa que o patrocinaba xa di que deixará de facelo. Lembran o das viñetas?

Chuzame! chuzame -

E os chistes que contaba na intimidade…

Xaneiro 19, 2007 ás 9:11 pm | En Alén Piornedo | 11 Comentarios

Lembran este señor? Si, é o humorista aquel que agora deixou melena. Seica en determinados sectores de Alén-Piornedo é tan admirado coma os nosos Tonechos. Estes días disque actuaba en Italia.

Chuzame! chuzame -

De viñetas

Xaneiro 4, 2007 ás 10:00 pm | En Alén Piornedo, Divagacións, Medios | 32 Comentarios

vineta-avui.jpg

Leo nun dixital deses que son divertidos e dan repelús a partes iguais, que a Asociación de Víctimas del Terrorismo puxo o berro no ceo a causa da publicación, no xornal catalán Avui, desta viñeta, que recolle a varias persoas que, manifestándose contra o Goberno central logo do atentado do pasado sábado en Madrid, se felicitan do mesmo polo dano que este lle vai facer ao Partido Socialista. Non entrarei á valoración, que vostedes deducirán. Só tentarei facer un pouco de memoria. Lémbranse doutras viñetas e de quen, e en que sentido, poñía o berro no ceo?.

Chuzame! chuzame -

“En min nombre no” Vaia por Deus…

Decembro 31, 2006 ás 7:05 pm | En Alén Piornedo | 2 Comentarios

Se esta xente non dese pena e medo, daría moita risa, tanta como para escarallarnos na súa cara. Pero o tema é ese, a min persoalmente dáme mágoa e un punto de medo ver xente (-uza) coma esta, e non porque sexa fan incondicional de ZP nin moito menos.

Chuzame! chuzame -

Non conseguistes nada

Decembro 31, 2006 ás 11:48 am | En Alén Piornedo, Divagacións | Sen comentarios

Non conseguistes nada, salvo complicarlle a vida ao país que disque amades e, probabelmente e sobretodo, matar dúas persoas. E, de paso, darlles argumentos a algúns que ultimamente non tiñan demasiados e quitarllos aos que si os deben ter. Estaredes orgullosos.

Chuzame! chuzame -

Un erro técnico

Novembro 9, 2006 ás 10:22 pm | En Alén Piornedo, Divagacións | Sen comentarios

Pareceralle horrible a imaxe de arriba. Si, é un neno que morreu. Non morreu de enfermidade, non se preocupe, tampouco nun atentado nin nin nunha guerra. Tampouco foi vítima de maltrato ou atropelado, non sufriu un accidente doméstico. Non se inquiete, o mundo pode seguir xirando, só foi un erro técnico, semellante aos dos últimos sesenta anos.

Chuzame! chuzame -

A Junta e o furbo

Setembro 20, 2006 ás 10:01 pm | En Alén Piornedo, Medios, País | 13 Comentarios

Todo apunta a que na Federación Galega de Fútbol as cousas non son, nin para nada, limpas. Des que saltou a primeira noticia, logo da denuncia da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol, hai máis que indicios de que na Federación, co seu presidente, Julio Meana, e o seu director xeral, Ramón de Llano á cabeza (o mesmo que di que o partido da Selección foi algo semellante a un Solteiros Vs Casados), os cartos -públicos- non se gastaron como se debían, senón todo o contrario. Entre outras cousas, de momento non parece moi vencellado o marisco as cousas do fútbol, ou 100€ por unha ración de polbo, viño e queixo, antóllaseme algo moito tamén.
En fin, o que me chamou a atención foi o papel que está a ter a Radio Galega, que lle está dando bastante bóla ao asunto. Pois ben, hoxe o presidente da Federación Española de Fútbol, Angel María Villar, dixo que poñía "la mano en el fuego" polo presidente da "Federación Gallega de Furbo" e que non coñecía ao Secretario Xeral de Deportes da "Junta" nin o que dicía. Hoxe, no programa Caneando, o seu condutor -o de sempre é Andrés Vieites, hoxe coido que Roberto Carlos Carballo- aclarou:

-Señor Villar, xa lle dixemos moitas veces que non é furbo, senón fútbol, e non Junta, senón Xunta, Xun-ta.

Enorme!

Chuzame! chuzame -

E ademais do cartaz?

Setembro 16, 2006 ás 2:45 pm | En Alén Piornedo, Divagacións | 8 Comentarios

Eu non digo nada, de feito xa hai un tempo que comentei cousiñas sobre o (agora) partido en cuestión. Pois agora o do partido non-nacionalista e que eu saiba nada máis, presentan o seu cartaz electoral. O candidato sae espido. A min personalmente paréceme que presentarse a unhas eleccións facendo a chirigota non é o máis acaído... si, xa sei, é algo provocativo. Mesmo moderno, se me apuran. Pero, para min, por se quedaba algunha dúbida, agora confírmase... cando o principal que ten que ofrecer un partido, ademais de "non ser" é saír en pelotas no cartaz electoral... malo. En fin.

Chuzame! chuzame -

Din de Catalunya…

Xuño 12, 2006 ás 6:33 pm | En Alén Piornedo, Divagacións | 6 Comentarios

Ciutadans de Catalunya, ou máis ben Ciudadanos de Cataluña, é unha plataforma seica cívica creada, basicamente, para estar en contra da reforma do Estatuto de Autonomía catalán. Queren, disque "Oponerse a los intentos cada vez menos disimulados de romper cualquier vínculo entre catalanes y españoles. Y oponerse también a la destrucción del razonable pacto de la transición que hace poco más de veinticinco años volvió a situar a España entre los países libres".
Leo en Galicia Hoxe (non atopo a ligazón da edición dixital) unha declaración de Albert Boadella, cómico que, coma outros moitos, leva como bandeira a súa loita antifranquista, e segundo quen o nacionalismo vén sendo algo contraposto á democracia. Vaia por diante que non me gusta demasiado meterme en asuntos doutras terras, mais como isto é algo xenérico e falar é de balde, aí vamos. Que eu saiba, unha ideoloxía que promulga como fundamental o dereito dun pobo determinado, neste caso o catalán, a decidir o seu futuro libremente, moi antidemocrático non semella.
Coido que é bastante triste que unha formación naza para ir contra -e só para iso- dun proxecto avalado, nun principio, polo 90% dos representantes dos cataláns baixo a excusa de que moitos dos cidadáns de Catalunya non se senten representados polos partidos do arco parlamentario e menos polo Goberno da Generalitat -na altura da fundación desta plataforma, formado por PSC e ERC-. O Estatuto catalán chegou a Madrid, aplicóuselle a garlopa e o PSOE tirou pola rúa de CiU. Aínda así, os posicionamentos desta xente non variaron o máis mínimo.
Máis triste aínda semella, se os seus principais argumentos xiran en torno a un rexeitamento obsesivo do nacionalismo, aludindo á súa orixe mítica e a truculentas intrigas e corruptelas propias dunha das mañás máis inspiradas de Fede Losantos.

Que haxa quen estea en contra do nacionalismo, perfecto. Que haxa quen estea a favor, mellor aínda. Pero que alguén monte unha plataforma con pretensións partidarias para aglutinar aos que se senten españois, para ir en contra e nada máis, pouco construtivo semella. Menos construtivo é que empreguen de xeito propagandístico a agresión sufrida por Arcadi Espada, un dos seus membros. Moi pouco miolo ten quen defende as súas ideas a labazadas, mais pouco miolo ten tamén quen xustifica a validez dos seus postulados nas agresións que recibe pola súa causa.

Chuzame! chuzame -
« Páxina anterior

Isto existe grazas a WordPress e Blogaliza, co aspecto Pool theme deseñado por Borja Fernandez e modificado pol'O'Xirarei
Semente RSS das Entradas e dos comentarios. Válidos XHTML e CSS. ^Ir enriba^