Cousas da casa – Lucensismo e outros males http://malodeaturar.blogaliza.org Casa fundada en 2006 Sun, 03 May 2009 21:54:26 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.1 Paga a pena contalo, creo http://malodeaturar.blogaliza.org/2009/04/22/paga-a-pena-contalo-creo/ Wed, 22 Apr 2009 00:36:42 +0000 http://malodeaturar.blogaliza.org/?p=501

Levaba tempo querendo facelo e este é un día tan bo coma outro calquera. Despois de darlle varias voltas á idea de reabrir este espazo, decidín que o día en que sumo un ano máis á conta pode ser un bo momento para abrir fiestras, ventilar e reiniciar.

Ademais dos cambios estéticos, a idea é darlle outro aire a este blog, aínda non sei moi ben cal, pero outro. Igual que os cans se parecen aos donos, estes bechos virtuais disque se parecen a quen os perpetra. Neste caso, ao perpetrador que asina cambiáronlle moitas cousas. As ondas polo papel impreso, o peso relativo das cousas despois dun tránsito por causas de forza maior, o cuartel xeral dende o que escribo estas liñas e mesmo cuestións de portas adentro que, probablemente, non vén ao caso mencionar. Ao país, tamén lle cambiaron as cousas.

Nos próximos días iredes observando algún que outro engadido tecnolóxico e tamén coordenación deste blog con ese artiluxio chamado a comernos a todos, como é o Facebook.

O conto é que tanto cambio había que reflectilo nalgún sitio e, despois de matinar, pensei que pagaba a pena seguir contándoo. Benvidos, benvidas.

]]>
Primeiro aniversario, haberá máis http://malodeaturar.blogaliza.org/2009/01/03/primeiro-aniversario-habera-mais/ http://malodeaturar.blogaliza.org/2009/01/03/primeiro-aniversario-habera-mais/#comments Sat, 03 Jan 2009 18:02:03 +0000 http://malodeaturar.blogaliza.org/?p=488 Aniversario

Hai exactamente un ano levaba algo máis de catro horas sentado no sofá do salón da miña casa compostelana, cunha capacidade de movemento autónomo moi semellante á dos ollos dun gato de porcelana e un cóctel de analsexia no meu interior para aminorar os efectos da navallada curativa. Probabelmente, naquela altura non tiña unha consciencia plena dos acontecementos. Se cadra, agora tampouco. En todo caso, creo que podo afirmar, sen temor a trabucarme, que hoxe estou de aniversario -e non será o último, nos vindeiros meses haberá algún máis. Páseno ben e, se nestes días nos atopamos, lembren que temos un bo motivo para brindar. Feliz aniversario.

E de sobremesa, unha frase picarona que Fuxan os Ventos me devolveron á mente nesta tarde: Vamos ruando meniña e vamos ruando a eito, xa que levamos a sona, levaremos o proveito

Nota mental: Lugo nunca deixará de sorprenderme. Se levas unha vestimenta minimamente “distinta”, tododiós te mirará pola rúa. Agora, se es un señor con bata de felpa, pantuflas e unha txapela entrando nun bar, non pasa nada. Iso debe ser bo, case seguro…

]]>
http://malodeaturar.blogaliza.org/2009/01/03/primeiro-aniversario-habera-mais/feed/ 8
De hoxe nun ano :) http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/12/31/de-hoxe-nun-ano/ http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/12/31/de-hoxe-nun-ano/#comments Wed, 31 Dec 2008 15:31:25 +0000 http://malodeaturar.blogaliza.org/?p=484

]]>
http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/12/31/de-hoxe-nun-ano/feed/ 2
24-D http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/12/24/24-d/ http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/12/24/24-d/#comments Wed, 24 Dec 2008 16:28:24 +0000 http://malodeaturar.blogaliza.org/?p=478

E sede buenos, que senón o Apalpador pasa pola porta pero pasa de vós ;). E, insisto… sorrían 🙂.

]]>
http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/12/24/24-d/feed/ 2
Sentinme raro… http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/12/15/sentinme-raro/ http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/12/15/sentinme-raro/#comments Mon, 15 Dec 2008 22:35:59 +0000 http://malodeaturar.blogaliza.org/?p=475

… porque raro é, por mor dunha serie de imprevistos e rebotes que non veñen ao caso, ter que rematar entrevistando en inglés a un Premio Nobel de Física. O ignorante que pode chegar a sentirse un  diante de don Gerardus ‘t Hooft preguntando polos black holes… Sabían que un asteroide ten o nome deste home e que lle escribiu unha constitución onde están prohibidos os apóstrofos?

Nota ao pé: décatáronse de que xogo de palabras tan ben traído?

]]>
http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/12/15/sentinme-raro/feed/ 2
Aínda vos hai xente http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/12/12/ainda-vos-hai-xente/ http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/12/12/ainda-vos-hai-xente/#comments Fri, 12 Dec 2008 00:33:41 +0000 http://malodeaturar.blogaliza.org/?p=473 O Cesto

Todos os días atopamos xente. Tomando o café, cruzando a rúa, mercando o xornal ou na mesa do lado mentres pedimos unha caña ao finaldo día. Parte desa xente repítese. Detrás da barra, na caixa do súper, ou no control de seguridade da Xunta. Hoxe quero falar da xente. E en primeira persoa.

Hoxe fun xantar ao sitio onde xantaba case todos os días durante os anos de carreira e ao que, desde aquel tempo, me gusta volver de cando en vez. Xeralmente vou só e a mala hora, preto das catro, cando están a piques de pechar a cociña. Poden pasar meses entre unha visita e a seguinte pero é un sitio que me fai sentir na casa e tamén me fai lembrar os tempos da facultade. Gústame sentar, ler o xornal e elixir entre caldo-sopa-ensalada-o-ensaladilla e o que haxa de segundo, sempre o mesmo segundo o día da semana.

Este mediodía cheguei, preguntei se había alguén esperando, elixín o menú do día e collín a prensa para acompañar. Na tele, Tele5, coma sempre. Ao pagar, a rapaza que sempre semella sorprendida cando lle dis “gracias” ao traerche as consumicións pregúntame “que tal estás?“. A miña cara de “ein?” durou dous segundos, o xusto para que me explicase que hai uns meses xa se dera conta de que me pasaba algo e que, como había tempo que non me vía, maís dunha vez se lembrara de min e tiña gañas de preguntarme como me ía, e de saber se estaba ben. Pensárao varias veces, pero non se atrevera as poucas que me vira, por se me molestaba. Non dubidei en explicarlle que, afortunadamente, xa estou ben, e o sorriso quedoume un tanto descolocado cando me aclarou que é especialmente sensible no tema, porque apenas tiña oito anos cando a súa nai morreu “desa enfermidade”. E que moitísimas gracias por interesarse. Saín cunha sensación estraña, pero moi agradable. Aínda hai xente no mundo, rapaces.

E ao saír, puxen “Hoy puede ser un gran día“, en versión de Serrat e Sabina, a todo volume na radio do coche. Por se a alguén lle quedaba algunha dúbida. Sorrían, por favor.

]]>
http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/12/12/ainda-vos-hai-xente/feed/ 3
20-N http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/11/21/20-n/ http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/11/21/20-n/#comments Fri, 21 Nov 2008 00:18:25 +0000 http://malodeaturar.blogaliza.org/?p=460

Hoxe, 20 de novembro, cumpriuse o 73º cabodano do pasamento do ditador Francisco Franco Bahamonde, que morreu na cama. Hoxe, tamén, coñecemos que un esperpéntico grupúsculo radical interpuxo unha denuncia perante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza contra un partido político, legal e democrático, como tantos outros. E fíxoo porque disque a súa conduta é “repugnante” na imposición do uso da “lengua regional” e manipula menores através dos seus “grupos auxiliares”.

En tan magna data quero ademais, antes de durmir, compartir con vostede, que le, dúas frases que escoitei onte. A primeira perténcelle a un compañeiro de redacción e, a outra, ao propietario dun establecemento de hostalería da coruñesa Ronda de Outeiro. Aí quedan:

“Un xornalista que chega á casa sobrio e antes das doce da noite, nin é xornalista, nin é nada”

“Yo no soy racista, pero prefiero que estean allá”

Dito queda.

]]>
http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/11/21/20-n/feed/ 5
Cidadán AP-9 http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/10/25/cidadan-ap-9/ http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/10/25/cidadan-ap-9/#comments Sat, 25 Oct 2008 18:47:48 +0000 http://malodeaturar.blogaliza.org/?p=446

Os días comezan pola mañá cedo. Con puntualidade case británica, chego cada día ao atasco matutino, primeiro na entrada da cidade e despois na entrada ao polígono. Hai que ir tan devagar que mesmo son quen de utilizar o volante coma batería improvisada, podo memorizar cuñas radiofónicas absolutamente terríbeis e re-atoparme coas gracietas sobre “o único” na radio. Semella que hai moitos condutores da Coruña e arredores que non aturan que alguén leve boa cara a esas horas, porque me miran mal cando se decatan que, ás veces, monto unha pequena orquestra no coche no “engarrafamento de tránsito” ou cando lle dou voltas ao polígono buscando un sitio para aparcar (hai quen toma a xustiza pola man e se bota ao monte co vehículo…;) ).

E dirán: a que vén este relato de costumes? Pois a que xa había días que tiña a barra desatendida e tamén me apetecía compartir con vostede, señora, cabaleiro, que pasa por aquí, o ledo que ando. Malia ás horas de atasco e de teléfono falando con persoeiros. A criatura Xornalística segue medrando a bo ritmo…

]]>
http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/10/25/cidadan-ap-9/feed/ 6
Case seguro… http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/10/03/case-seguro/ http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/10/03/case-seguro/#comments Fri, 03 Oct 2008 12:58:30 +0000 http://malodeaturar.blogaliza.org/?p=421 X

Con todas as cautelas que estes asuntos merecen e, a falta de explicacións de condicións, sinaturas e demais. Isto é: collido con alfinetes, polo menos de momento, penso que podemos asegurar que O’Xirarei xa non busca traballo. Coido que xa volo dixen á maioría, pero que conste en acta: grazas. Polas chamadas, por preocuparvos, por poñervos no meu lugar e por tentar, cada un na medida das súas posibilidades, unha manciña nese momento que resulta calquera cousa menos doado. Contareivos máis cando lle poidamos quitar as cautelas ao asunto.

Nota  mental 1: traeríame boa sorte? E é que o escenario para recibir a boa nova non puido ser mellor…

Nota mental 2: moitos, moitos parabéns. As penas con pan son menos, e as alegrías con compaña son máis.

Nota gráfica: o X do de aí arriba inventeino eu.

]]>
http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/10/03/case-seguro/feed/ 3
O’Xirarei busca traballo http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/10/01/oxirarei-busca-traballo/ http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/10/01/oxirarei-busca-traballo/#comments Wed, 01 Oct 2008 11:29:21 +0000 http://malodeaturar.blogaliza.org/?p=418 Busco traballo

]]>
http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/10/01/oxirarei-busca-traballo/feed/ 1