Medios – Lucensismo e outros males http://malodeaturar.blogaliza.org Casa fundada en 2006 Sun, 03 May 2009 21:54:26 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.1 Javier Ortiz, xornalista http://malodeaturar.blogaliza.org/2009/04/29/javier-ortiz-xornalista/ http://malodeaturar.blogaliza.org/2009/04/29/javier-ortiz-xornalista/#comments Tue, 28 Apr 2009 23:39:04 +0000 http://malodeaturar.blogaliza.org/?p=507

Hai dous anos, na anterior vida deste mesmo blog, comentaba o moito que me prestaba ler as columnas de Javier Ortiz, por entón contrapunto do marasmo de opinadores de El Mundo, meses antes de trasladar as súas lúcidas columnas a Público, ademais de aos seus Apuntes del Natural.

Onte, no mesmo Público, descubrín o obituario de Javier Ortiz, escrito por Javier Ortiz. Vasco con antepasasados de todos os sitios, este xornalista tivo o peito, a retranca e, de novo, a lucidez, de escribir a crónica da súa propia morte, sen dramatismo e concluíndo que, á fin, a súa repentina desaparicion do mapa deriva en “otro puesto de trabajo disponible”. “Algo es algo”, reflexionaba a continuación. Sinxelamente, grandioso.

Agora, que Ortiz non poderá escribir máis, volvo -tomando prestado o seu titular- recomendar a re-lectura dos seus escritos, e reafírmome na opinión de querer parecerme -na escrita, o de morrer novo xa decidín hai un tempo que, a ser posíbel, mellor nonun pouquiño ao vasco barbudo ao que tiven a oportunidade de coñecer na miña época universitaria, nunha aula de Xornalismo Especializado. Os comunistas coma el van ao ceo?

]]>
http://malodeaturar.blogaliza.org/2009/04/29/javier-ortiz-xornalista/feed/ 1
Un negocio con futuro http://malodeaturar.blogaliza.org/2009/01/12/un-negocio-con-futuro/ http://malodeaturar.blogaliza.org/2009/01/12/un-negocio-con-futuro/#comments Mon, 12 Jan 2009 00:36:07 +0000 http://malodeaturar.blogaliza.org/?p=498

Estaba comodamente sentado no sofá da casa cando alguén atopou en Internet o que vedes sobre estas liñas e que me vin na obriga de compartir con vós. Observade quen está polo medio…

]]>
http://malodeaturar.blogaliza.org/2009/01/12/un-negocio-con-futuro/feed/ 4
Caso De Juana: xustiza e outras cousas http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/08/04/caso-de-juana-xustiza-e-outras-cousas/ http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/08/04/caso-de-juana-xustiza-e-outras-cousas/#comments Mon, 04 Aug 2008 12:34:29 +0000 http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/08/04/caso-de-juana-xustiza-e-outras-cousas/

La AVT cree que el Gobierno podía haber hecho más para evitar la salida de De Juana. Este e outros titulares semellantes puidémolos ler nos últimos días, des que se fixera público que Iñaki De Juana Chaos ía ser posto en liberdade logo de cumprir a súa condea por enaltecemento do terrorismo, a raíz da publicación de dous artigos no xornal Gara. Manifestantes, opinadores, radiopredicadores, propagandistas, vítimas profesionais e tamén vítimas das outras, das que perderon un fillo, un pai, un brazo ou unha perna por mor dos actos perpetrados por este membro da ETA expresaron e expresan o seu rexeitamento e indignación, ademais de pedir, por activa e por pasiva, que De Juana non volvese á rúa.

Ata aquí, nada casual. É de agardar que quen se vale do terrorismo para facer política-espectáculo non cambie de actitude, e tamén resulta lóxico que alguén que sufriu directamente os efectos dunha bomba ou un tiro na caluga non queira que o responsábel da súa desgraza non volva ver a luz do sol. Pero iso non é xustiza, nin aplicación das leis, nin o tan cacarexado Estado de Dereito. Iso é outra cousa: vinganza, Lei do Talión ou, simplemente, unha tentativa de traspasar ao xa viciado sistema xudicial os máis primitivos instintos do ser humano.  A Lei, ou as leis, aplícanse, ou débense aplicar, de igual xeito a calquera, aínda que sexa un asasino, unha persoa despreciábel ou un pobre que roubou unha pita porque tiña fame. E os poderes públicos, Executivo e Lexislativo, deben desenvolver as súas accións para a totalidade dos casos posíbeis, e non actuar ad hoc para tal situación, tal persoa ou tal coxuntura mediática. Iso, tamén é outra cousa.

Foto: Emilio Naranjo para EFE, en 20 Minutos

]]>
http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/08/04/caso-de-juana-xustiza-e-outras-cousas/feed/ 1
Persoas http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/07/10/persoas/ Thu, 10 Jul 2008 22:08:13 +0000 http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/07/10/persoas/

Dicía Santiago Carrillo hai uns días en La Ventana, debatindo sobre as novas normas europeas en materia de inmigración: “Un bo día eses inmigrantes virán coma terroristas. E terán razón“.

Foto: de EFE en Público.

]]>
Hoxe é venres, un saúdo! http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/07/04/hoxe-e-venres-un-saudo/ http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/07/04/hoxe-e-venres-un-saudo/#comments Fri, 04 Jul 2008 18:32:56 +0000 http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/07/04/hoxe-e-venres-un-saudo/ [gv data=”u2rzkSIzIgE” width=”425″ height=”350″][/gv]

Hoxe, e vai un número de veces que só se pode expresar con notación científica (máis info, sobre o asunto, consulte aquí), estes de aquí arriba volven ao Luar, ese fito. Xunto a eles, outro clásico, Sergio Dalma, “un intérprete moi querido polo público galego”. Mágoa que xa non canten o Candil, Marica chuschús.

Nota para iniciados: vexan aquí!

]]>
http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/07/04/hoxe-e-venres-un-saudo/feed/ 1
A utilidade deste oficio http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/06/26/a-utilidade-deste-oficio/ http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/06/26/a-utilidade-deste-oficio/#comments Thu, 26 Jun 2008 19:09:43 +0000 http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/06/26/a-utilidade-deste-oficio/

Hai dous días, unha intervención parlamentaria do nacionalista Carlos Aymerich deu pé a que tres medios, as radios e un dixital, sacasen á luz a existencia dunha páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica na que,  baixo o nome Invest in Galicia, se instaba aos inversores estranxeiros a achegárense ao noso País e montar unha empresiña. Os argumentos? Tales coma que “la Comunidad Autónoma estrá entre las regiones con un menor coste laboral, aproximadamente el 86% de la media nacional”, que o noso entorno laboral presenta unha “escasa conflitividade” ou mesmo que a man de obra galega ten unha “excelente predisposición ao traballo“. O argumentario reforzábase con táboas e gráficos que deixaban claro que, por exemplo, unha hora de traballo galego podía chegar a custar seis euros menos cá dun vasco Síntese: ben preparados, baratos e parvos. Por se non fose suficientemente grave que o a Xunta nos vendese no mundo coma unha reserva de man de obra barata, isto adquiría especial gravidade se temos en conta que o PSdeG puña, hai catro anos (e con razón) a baixar dun burro ao entón responsábel da Consellaría de Economía, José Antonio Orza, por facer… o que? exactamente o mesmo, através de anuncios na prensa e televisión suecas.

Pois ben, hoxe, apenas cuarenta e oito horas despois, o Presidente da Xunta confirmaba que dera a orde de eliminar semellante insulto (a páxina principal xa non funciona, o resto, de momento si). Non concordaba, disque, coa liña política do Goberno e non era “obviamente”, en absoluto “brillante”. Uns prenderon a mecha, outros seguiron o rastro da pólvora e outros empregaron toda a súa (gran) capacidade de ser altofalante para demostrar que, unha vez máis, este oficio é, e debe ser, instrumento crítico e útil para a sociedade. Malia todo. Parabéns.

]]>
http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/06/26/a-utilidade-deste-oficio/feed/ 2
“Si es que va provocando…” http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/04/17/si-es-que-va-provocando/ http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/04/17/si-es-que-va-provocando/#comments Thu, 17 Apr 2008 21:41:43 +0000 http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/04/17/si-es-que-va-provocando/

A esta xornalista da fotografía, Isabel Quintairos, despedírona do seu posto de traballo logo de 20 anos de exercicio da profesión na mesma empresa. Aproveitando que regresaba dunha excedencia, aseguráronlle que o seu posto estaba amortizado, isto é, despedírona de facto. As súas faltas, delitos ou -vaia vostede saber- pecados:

Segundo recolle a sentenza xudicial correspondente, a Isabel botárona por ser homosexual e simpatizante do Bloque. Dado que non existían motivos para o despedimento, a xuíza obrigou a empresa a readmitila, sentenza contra a que foi presentado un recurso, e mesmo unha denuncia contra a maxistrada, por redactala en “una lengua tal vez cooficial o algún dialecto“. A semana pasada foi despedida outra vez, previo acoso laboral, por “razóns obxectivas“. A empresa en cuestión é propiedade da Conferencia Episcopal, que disque predica a igualdade, os valores do Evanxeo, etc. Demencial.

+ info en El País do 17 de abril. As sentenzas, aquí e mais aquí.

Foto: Anxo Iglesias.

]]>
http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/04/17/si-es-que-va-provocando/feed/ 2
De como un moribundo non pode curar un enfermo http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/04/07/de-como-un-moribundo-non-pode-curar-un-enfermo/ http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/04/07/de-como-un-moribundo-non-pode-curar-un-enfermo/#comments Mon, 07 Apr 2008 14:17:39 +0000 http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/04/07/de-como-un-moribundo-non-pode-curar-un-enfermo/

Nunha incursión por terras luguesas -ultimamente abundan por motivos diversos (léanse entradas anteriores…)- estaba facendo algo tan propio do lugar coma ler El Progreso nun bar cando atopei un artigo, metade literatura, metade opinión, que reflicte en gran medida o meu parecer sobre o complexo sanitario que poden ver sobre estas liñas (daba saída así, de paso, ao meu afán dos últimos tempos de ler todo texto que leve palabras coma “Sergas” ou “hospital”). Se cadra porque tiven que pasar por experiencias pouco agradábeis nese lugar que me alteraron a percepción, quizais por preconceptos… o certo é que o Hospital Xeral de Lugo, alias “A Residencia”, é, para min, o máis semellante a un deses hospitais soviéticos das películas, nos que non che estrañaría nada que no cuarto do lado estiven utilizando unha serra de carpinteiro como material cirúrxico e un garabullo nos dentes coma único anestésico. É posíbel que non sexa cousa dos profesionais, nin do equipamento… ou si, vaia vostede saber… o certo é que a descrición que Miguel Olarte asina baixo o título de “El chico de la 208” é tan retranqueira coma realista e demoledora. Déixolles aquí un petisco:

(…) Las tripas del Xeral rugen como las mías, pero no de hambre, sino de olvido. Allí donde miras hay herrumbre, desconchados y abandono, como si se tratara de un enorme enfermo desahuciado que, consciente de su estado terminal, no aspira a más tratamiento que el paliativo, y éste apenas le alcanza para sustentar la dignidad mientras el cuerpo se va cayendo a trozos. Los marcos, las puertas, las paredes ya no se molestan en ocultar las heridas abiertas por el descuidado ir y venir de las pesadas camas; las sillas, parientes cercanas de la Vieja Sparky texana, sólo siguen siendo legales en este país porque carecen de toma de corriente; localizar un soporte móvil para el gotero que aún ruede en lugar de arrastrarse es un imposible.(…)

El Chico de la 208“, Miguel Olarte en El Progreso do 6 de abril do 2008

]]>
http://malodeaturar.blogaliza.org/2008/04/07/de-como-un-moribundo-non-pode-curar-un-enfermo/feed/ 35
Nui! http://malodeaturar.blogaliza.org/2007/12/26/nui/ http://malodeaturar.blogaliza.org/2007/12/26/nui/#comments Wed, 26 Dec 2007 17:15:34 +0000 http://malodeaturar.blogaliza.org/2007/12/26/nui/ [kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/nrzch25LEL4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Aproveito esta prórroga inesperada antes do paso por onde xa lles contei para facer labor social. E é que, como algúns xa saberán, nos últimos tempos padezo (ou gozo) unha nova adicción: Muchachada Nui. Isto é como co licor café e esas cousas que se toman pola noite… probas un groliño, gústache… e ala, enganchado perdido. Aquí lles deixo unha mostra do invento, que é ademais unha chamada de auxilio desesperado. A todo isto, os videos vense con mellor resolución na páxina oficial ca no YouTube (recoméndolles os Celebrities de Uri Geller, John Galliano, Ahmadineyad e a propia Titaaaaa). Nui!

]]>
http://malodeaturar.blogaliza.org/2007/12/26/nui/feed/ 2
Diante da dúbida… http://malodeaturar.blogaliza.org/2007/12/05/diante-da-dubida/ http://malodeaturar.blogaliza.org/2007/12/05/diante-da-dubida/#comments Wed, 05 Dec 2007 00:01:12 +0000 http://malodeaturar.blogaliza.org/2007/12/05/diante-da-dubida/

Visto en Público. E razón non lle falta

]]>
http://malodeaturar.blogaliza.org/2007/12/05/diante-da-dubida/feed/ 1