'Medios' Category

Pereguirinos

Novembro 1st, 2007 Novembro 1st, 2007
Posted in Medios, País
1 Comment »

vineta-ngz.jpg

Atópo, vía Chuza!, a versión electrónica d’O Pasquím, o suplemento de humor do Novas da Galiza. Teño así a oportunidade de compartir co simpático lector unha obra mestra do debuxante Gonzalo: Pereguirinos. Trátase dunha historia de terror coa que calquera que vivise en Compostela máis dun mes se sentirá identificado. Góceno!

Nota: poden atopar o número íntegro d’O Pasquím aquí, ou atopar a páxina en cuestión aquí.

O currículum do cuñado

Outubro 25th, 2007 Outubro 25th, 2007
Posted in Medios, País
2 Comments »

Hai días que botou a andar a comisión de investigación da Cidade da Cultura e xa comezaron a pasar por alí algúns dos pintorescos personaxes que Don Manuel e Don Jesús elixiron para xestionar tan magno proxecto. Entre eles, como xa saberá o avispado lector, están familiares diversos de destacados membros do Partido Popular, naquela altura conselleiros ou mesmo vicepresidentes de Gobernos centrais. A saber:

  • Alfredo Díaz Grande: director do concurso de ideas e marido de Pilar Rojo, entón Conselleira de Familia, Muller, Voluntariado… e vaia vostede a saber que máis (a que estaba no sitio de Manolita, vaia).

  • Ángel Currás: xerente da Fundación Cidade da Cultura e irmán de Celso Currás, naqueles días Conselleiro de Educación. Actualmente, concelleiro do PP en Santiago.

  • Manuel Fernández Balboa: director económico-financeiro da Fundación e cuñado de Mariano Rajoy (o señor de barba do que xa lles teño falado máis veces).

Como vostede xa saberá, os dous últimos pasaron onte pola devandita comisión, feito que provocou que a atención dos medios se centrase no currículum vitae do cuñadísimo, señor Fernández Balboa. E é que o que fora director económico-financeiro da Fundación Cidade da Cultura -cuxa xestión algo terá que ver con que o orzamento das obras se triplicase- chegou ao posto logo dunha traxectoria profesional que mete medo: unha FEUGA en Caixa Pontevedra de menos dun ano e a xestión de contratos de Urbaser en Pontevedra (tamén sabe falar gallego e andar no Windows 95). Isto lévame a unha conclusión: que pinto eu facendo o que fago se podería estar rexendo os destinos do País? Porque eu tamén tiven unha FEUGA, xa traballei en máis dunha empresa e, ollo, manéxome sen problemas por Windows 95, Windows 98 e Windows XP. E sei andar no Photoshop tamén…

(Captura do currículum vía Escolar.net, preman nas miniaturas para ampliar e gozar del)

Actualización: aquela Consellaría de Cultura si que era dilixente. Resulta que o contrato do cuñadísimo se empezou a tramitar mesmo antes de que el se interesase polo posto e enviase o currículum. Podedes consultar o documento que acredita a tramitación do contrato na web da SER.

Denunciado

Outubro 20th, 2007 Outubro 20th, 2007
Posted in Alén Piornedo, Medios
51 Comments »

Íñigo Landa Larrazábal, cidadán vasco neto de represaliada, vén de denunciar a Jaime Mayor Oreja, eurodeputado do Partido Popular, por “enaltecemento do franquismo“. Esta demanda chega logo de que Mayor, no transcurso dunha entrevista en La Voz de Galicia, deixase para a posteridade perlas como “¿Cómo voy a condenar [o franquismo] que, sin duda, representaba a un sector muy amplio de españoles?” e na que tamén aseguraba que, aínda que “Algunos dicen que las persecuciones en los pueblos vascos fueron terribles (…), no debieron serlo tanto cuando todos los guardias civiles gallegos pedían ir al País Vasco. Era una situación de extraordinaria placidez“.

Estas declaracións e a posterior denuncia, dan lugar, ademais de a un retrato das afinidades do personaxe, a unha reflexión posterior: que pasaría se as afirmacións de Mayor Oreja fosen feitas, poñamos por caso, por un líder da esquerda abertzale ou mesmo por un dirixente do PNV sobre a implantación social de ETA durante a ditadura? Se cadra, aplicábanlle a Lei.

Aquí e na China

Outubro 17th, 2007 Outubro 17th, 2007
Posted in Alén Piornedo, Medios
3 Comments »

[gv data=”F7Vz6GZJJOg&rel=1″ width=”425″ height=”350″][/gv]

Josep Lluís Carod-Rovira en Tengo una pregunta para usted. Paréceme unha boa homenaxe a todos os damnificados por, por exemplo: Seijo, Seijas, Otero, Buján, Teijeiro, Noya… mesmo Rajoy, se me apura.

Nota mental: que grande Carod. E que atrevida a ignorancia.

Nota mental 2: Houbo quen se extendeu máis na interpretación da xogada. Secúndoo completamente.

Aquí tampouco se pon o sol

Outubro 12th, 2007 Outubro 12th, 2007
Posted in Medios, Xornalistiña
5 Comments »

vineta-publico.jpg

Visto en Público. Extrapolado [tamén] a Galiza, un retrato perfecto de máis dun xefe, non?

Por quen ondean as bandeiras?

Setembro 9th, 2007 Setembro 9th, 2007
Posted in Alén Piornedo, Medios, País
2 Comments »

mosquera-sastre.jpg

Voulles contar unha anécdota que pode non ser ningunha ofensa de primeira magnitude contra a dignidade nacional nin moito menos -creo- pero si que é un feito significativo e unha mostra de faltadeignorancia. Novena etapa da Vuelta Ciclista a España (a carreira que saíu de Vigo a instancias de quen vostede xa sabe), dous corredores suben un cumio dos Pirineos nunha etapa con meta na estación de esquí de Cerler, en Aragón. Estes dous corredores, aos que vostede pode ver na imaxe, son Carlos Sastre, do equipo CSC, nado en Madrid e formado en Ávila, e Ezequiel Mosquera, do Karpin Galicia, nado en Cacheiras (Teo). Nun intre próximo ao final da tirada, tres ou catro afeccionados hondean bandeiras galegas en plena montaña(algunha delas engarzada no mesmo mastro cunha española, en fin) e dan ánimo aos ciclistas. O narrador da carreira, Carlos de Andrés, sentencia: “Ahí vemos a los aficionados, animando a Carlos Sastre“.

Sobre o galego na escola

Agosto 25th, 2007 Agosto 25th, 2007
Posted in Medios, País
37 Comments »

enquisa-el-correo.jpg

Esta enquisa, atopada na web de El Correo Gallego, ese xornal, deixoume bastante inquieto, concretamente sementou en min unha dúbida: que pasaría se á publicación en cuestión fixese a mesma pregunta pero exactamente ao revés?, algo así como: Debe a Xunta -ou o Goberno do Estado, se se quere- obrigar aos nenos a ler e escribir primeiro en español? Cando eu cheguei ao colexio, na máis miña tenra infancia, ninguén me preguntou, e á miña nai penso que tampouco “A ver, en qué quiere que aprenda el chaval a escribir?”. En Portugal, Francia, Inglaterra… pregúntano? E en Madrid? Ai, cantas dúbidas.

Nota mental: A todo isto, vai gañando o “SI”.

Eu tamén son do Verbenero

Agosto 21st, 2007 Agosto 21st, 2007
Posted in Medios, Momentos freaks, País, Rachí
21 Comments »

verbenero1.jpg

Sabía que esquecía algo. De camiño para o Sarabanduxa, cos ollos na estrada e os oídos na radio, comprobei con estupor e tristura que Verbenero . ficaba no cuarto posto e non era proclamada, con todas as honras, gañadora do A polo Ghit e, polo tanto, canción do verán 2007. Señora, vostede non sei que pensará, pero eu, dende a miña humilde opinión, teño claro que por ritmo, tema e mesmo por capacidade de crear ambiente de campo da festa, Verbenero, d’Os Forfiestas, é o gañador sentimental dun certame cuxa magna labor é, nin máis nin menos, que a de elixir a canción do verán galega. Dito isto, señores do xurado: queda constituída formalmente a PVFA (Plataforma dos que votamos polos Forfiestas no A Polo Ghit 2007), polo momento unipersoal pero aberta a todo tipo de adhesións máis ou menos interesadas.

Nota mental: Vaia por diante que non teño nada en contra de Sacha na Horta e os seus Biocultivos, mesmo me ten o seu aquel… pero canción do verán, o que se di canción do verán para min, non é.

Aquí é que están coma na casa…

Abril 21st, 2007 Abril 21st, 2007
Posted in Medios, País
112 Comments »

Pois si, señora. O alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao (PP), censou no seu Concello aos presos do cárcere de Bonxe e mais aos anciáns da Residencia Carlos IV (edificio que ía ser un hotel de luxo e que a falta de orzamento rematou convertindo nun xeriátrico, de luxo e de Lugo) . Disque xa que están aí, chuchando dos servizos municipais (e se nos poñemos, ata do osíxeno, o ceo e a luz solar do Concello), que menos que botar unha man o vintesete de maio, que aínda que todo está bastante atadiño dende hai moitos anos, sempre é mellor saír a amarrar. En síntese: xa está o grupo Prisa manipulando… aiii

Historias do boikot

Marzo 24th, 2007 Marzo 24th, 2007
Posted in Alén Piornedo, Medios
67 Comments »

Ai, que ocorrencias teñen estes señores. Non lles chega con tomar a rúa, cual rojos, senón que agora se apuntan ao rollito boikot. Non ven vostedes ao señor de enriba, cos Acebes de turno dicindo

Eduardo a ver qué te parece.. she me ocurre que la idea que ha tenido Angelito puesh eshtá muy bien no? Hagamosh como losh rojosh, los jipish y los mariquitash cuando la guerra, que querian boicotear los productos americanosh no? Puesh boicoteemosh a Polanco, hombre, que she va a cagar. Yo ya me he tomado la jushticia por mi mano y estha mañana mismo la chacha ha llegado con un peshcado envuelto en El País y ya le dije yo, tararí que te ví, devuélvalo y que te lo den en un periódico decente.

Coñas son coñas, pero o desta xentiña cada vez dá máis risa e medo, a partes iguais. Miren que me molesta que a zapatero e a min se nos ocurran as mesmas cousas… pero onte mesmo pensaba eu o que hoxe dixo el… Imaxinan que farian estes elementos, no plan que están, se en lugar de na oposición estivesen no Goberno? Nin Don Manuel nos seus mellores tempos.

Nota mental: a verdade é que falar non ten cancelas… pero hai comentarios e comentarios, tamén e certo. (Aínda que non difiran moito da realidade, que ese é outro conto).