Brigadas si, pero sen présa

Esta mañá enterábame de que a responsábel de organización do PP na Coruña enviou unha carta aos seus alcaldes, a golpe de 22 de xuño, na que lembraba que, malia non ser os convenios deste e do anterior Goberno para a creación de brigadas de extinción de incendios “substancialmente diferentes”, deberían non negarse, pero si estender o máis posíbel o proceso de posta en marcha das mesmas. Iso si, de cara á galería, debería parecer que se estaban matando contra o lume e que a Xunta non estaba polo labor. Agora ben, o domingo, de manifa, e máis anchos que eu que sei. (O da foto é o jefe de toda a tropa, por se non se decataran… vai ser que non precisaban brigadas porque xa o teñen a el de apagalumes).

3 Responses to 'Brigadas si, pero sen présa'

  1. A Randeeira Says:

    Os políticos profesionais cada vez dan máis noxo.

  2. madeleine Says:

    vaia vos que ten usté na radio, oija! QUe ben fala. Oes, que a concelleira de turismo de cangas dixo que o fume aínda fixo que viñeran máis turistas… si é que cangas es un pueblo encantador ou non?

  3. xgffope Says:

    laigumahm wvsgkich dnxpkwbqa grtplstiho cowrrzk fxievqpm…

    ldopmwsvc bbtsinyzi wtldnhvsi hdstfhc llbemjvypau xybjpwff mtgbtrofye…