Cando a chuvia volve de vacacións

Estes días a chuvia está anunciando que volve por aquí, que polo momento é só unha visita pero que en breve chegará para quedar… este, ao cabo, é un dos seus lugares preferidos. E a medida que van rematando os tres meses de xogar ao futuro, que a xente vai volvendo… un vaise decatando de que cada vez queda menos… para o resto da vida. E a chuvia volve de vacacións… agardo poder vela voltar á pedra, outravolta, noutros moitos setembros… e que con ela, volte todo.

6 Responses to 'Cando a chuvia volve de vacacións'

  1. oko Says:

    tes razón. cada vez queda menos para o resto da vida. e dáme medo

  2. Frioleiro Says:

    E eu digo: que bonito é vivir!! Non lle teñan medo ao que vén, gocen do día a día e non fagan plans de futuro a moi longo prazo. Velaí a salsa da propia vida: a incertidume de saber que demos pasará mañá. Que aburrido sería de non ser así, non? Saúdos frioleiros.

    Nota: Señor O´Xirarei, alégrome moito de que no seu futuro se albisque xa un pouco de luz.

  3. madeleine Says:

    mmmmm frioleiro, tomou unha dose de epicureismo? Non lle vai gustar nada que llo diga, pero Les sempre di o mesmo que o que acabo de ler de vostede agora na casa deste de Lugo (probe, por certo) O carpe diem de whitman, herrick e thoureau resulta do máis intragable un domingo de resaca, pero hoxe que estamos a luns… (jeje toma culturilla)
    Un bikaso, e por certo, pagou vosté a viaxe como un indocumentado, así que si quero digo que non ingresou nada E LISTO (o emu silenzo custa un alto prezo)

  4. madeleine Says:

    por certo, agora falaba co ultra do lugo futbol clube!

  5. O'Xirarei Says:

    Señorita é vostede unha manipuladora, e dígollo eu que vou a manis apolíticas e sei o que é manipulación, coño ya.

  6. Generic viagra. Says:

    Generic viagra cheap no perscription….

    Best price for generic viagra. Generic viagra….