Túnez

Túnez.jpg

Aquí estamos. Non pense vostede, señora, que morrín nos últimos días. Só estiven a dous mil e pico quilómetros, diso que lle chaman Paso de Ecuador e non sei por que, porque o Ecuador xa vai boa que o pasamos. En fin, que quedei con moitas cousas desta semana… o paseo en dromedario (todo un espectáculo), a inmensidade do deserto, marabillas naturais coma os oasis, edificios preciosos… tamén con cousas que petan nos miolos do occidentaliño común. E é que por tras dos enormes (-ísimos) complexos hoteleiros hai rúas que non viron nunca unha vasoira, porque nelas vive xente que vive do que pode e nenos que che piden bolígrafos ou lapis pola rúa. Diso tamén hai, e ese é un dos países privilexiados do continente, o de abaixo é moito peor.
Malia todo (algún que outro guía imbécil, o cansanzo dos madrugóns, etc.) o balance é satisfactorio, si señora. Rin moito, moitísimo… nos zocos, releando a-lo-loco, nos hoteis, co inglés-francés-árabe macarrónico que practicamos, con Mohamed (o guía simpático) e o seus xeito de falar… ademais da boa noticia recibida no medio da semana… Ai, pois xa quedou alá ese cachiño de África no que algún vendedor xa sabe que Galiza is not Pantoja.

5 Responses to 'Túnez'

  1. Modesto Says:

    Benvidos! 🙂

  2. madeleine Says:

    bueno, a verdade, só teño unha cousiña que dicir: isto…

    RAMADAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAN

    uf, que ben quedei! Que vostede non sabe donde está!!

  3. somozista via galega Says:

    Ei, grande xornalista, benvido de volta ás terras do pulpo e as grandes festas, como a de san froilan que foi unha grande magoa que perderas, foron risos e alegria, iconas sexuais e complicidades varias que houbera sido xenial compartillar con voce… Parabens tamén polo seu mantemento no acceso ás ondas e que agora que eu vivo no sul da gz, todo moi tropical, e nunha grande casa que me teñen que vir facer unha visita, os xornalistas todos, o noso concelleiro favorito e quen vostede queira traer, apertas

  4. oko Says:

    Aburrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr

  5. mao-mao Says:

    Tes que ter coidado, que a un “radical-de-la-CIG”, logo desa viaxe a terras de mouros, igual o deteñen por ter cara de MUSULMÁN – non sabía eu que a confesionalidade relixiosa se aprezaba así, a simple vista-. Inda estás a tempo de convidar ao “cienfalópodo” -que diría Pelúdez- para celebrar esa boa nova.