Vintecatro horas de bicho

Algúns, a metade máis ou menos, da expedición xornalistiña en terras africanas, caeron, supoñemos que por algún bichiño deses que se che meten no corpo… e durante 24 horas, cuarta arriba ou abaixo, estiveron botando o máis profundo do seu ser cara ao exterior e vendo a realidade tan distorsionada como no día de resaca máis potente.
Así as cousas, quen lles fala formou parte da outra metade, dos que non tivemos que quedar metidos na cama. Ata onte. Á dor de cabeza seguírona os mareos e a dor de estómago. A cobertura dunha pequena (en fin…) noticia supuxo un mundo para min e hai cousa de vintecatro horas que me metín na cama… E iso, o máis profundo do meu ser cara ao exterior e mareos diversos… e os coidados agarimosos que tanto se agradecen cando un está enfermiño. Semella que mañá me poderei reincorporar ao mundo, e hoxe mesmo vou comer. Imos de reto en reto.. ;).

4 Responses to 'Vintecatro horas de bicho'

  1. mao-mao Says:

    Dende logo, mira que xeito de pasar o “Día de la Hispanidad”, en vez de estar desfilando co fusil en ristre ao berro de “Viva Ejpaña. viva er-Rey” (así non vas chegar nunca a Alcalde de Madrí-Madrí-Madrí).
    Resiste aí coma un lugués de verdade e demostra o noso “esprito de povo guerrilleiro”, que dirían os mozos enxebristas.
    Mira ti, Ricardito Varilla, “ese gran trabajador”, que sementa marquesinas como fai o “Concejal-de-los-perros” nesta nosa cidade cos bancos e cos arbolitos, que a recollida de lixo xa a mellorarán os do Bloque cando volten ao Concello.
    Non vaias pensar que se nos esquece a “cienfalopada”, anotámola na libreta -nós tamén temos libreta coma o Sumo Sacerdote- e xa falaremos co concelleiro delegado de cienfalopadas para que encargue un estudo que nos poida dicir a canto está a ración e a súa viabilidade económica, “non se preocupe usté, qeu estamos nelo”
    A coidarse

  2. oko Says:

    a min estame dando un mal ao pensar en mañán. cóidese, chinchilla. mantereino informado

  3. Uz Says:

    E logo que, afinal não fomos ao Porto?

  4. Xabier Says:

    Necesitaba poñerme en contacto co Xirarei. Se pasades por aquí e o coñecedes en persoa, pregádelle que me envíe un correo a xabier@xabiercid.eu. Grazas.