Pido tempo (vivo!)

O tempo. Non teño vacacións dende Semana Santa… xa sei que me queixo de vicio. É máis, se eu me vise a min mesmo dende fóra diría “este quéixase de vicio, tonto, que eres tonto, animaliño (etc.)”. Pero a cada un dóelle o seu. Boto de menos o tempo para estar aquí ou alá, sen mirar o reloxo. Boto de menos unha semana enteira prolongando a sesta ata que toque. Boto de menos facer cousas de sábado un martes. E dáme a impresión de que estou perdendo cousas que só pasan agora, e nunca máis… aínda que, obviamente, estea gañando outras moitas. O dilema que toca hoxe é o seguinte: vinteseis folios con cousas que me interesan cero (aprox.) ou osixenarme algo. Faga o que faga, a conciencia vaime dicir que tal que cal e que sei eu… así que…

2 Responses to 'Pido tempo (vivo!)'

  1. madeleine Says:

    eu tamén che digo que tal que cual que sei eu! Vale que non son a túa conciencia, pero bástelle con saber que non perde nada mentres a xente que o bota de menos non gañe nada só porque falte vostede.
    ejem, enténdeseme? Bueno, senón, pídame que lle-lo explique no bar, xa sabe onde! 😉

  2. O'Xirarei Says:

    Entendino á terceira lectura, para que despois digan que os xornalistas non temos capacidade de análise 😛 Agradécese eh!