A fábula da froitaría

Había unha vez un home que tiña unha froitaría na que vendía todo tipo de froitas: mazás, laranxas peras… o negocio íalle ben e mesmo abriu outro, na mesma rúa, un pouco máis abaixo. A froitaría deste home chegou a ser o negocio máis exitoso do barrio; comezou traballando el coa filla, logo colleron un empregado, logo outro… ata ser toda unha empresa, un auténtico pulmón económico daquela rúa. Un bo, ou mellor dito, un mal día, comezaron os problemas. A Federación Veciñal da cidade cambiou a directiva e prohibiu que as froitarías deste home vendesen tantas froitas. Dende entón, só podería vender mazás que non estivesen maduras, só e unicamente mazás verdes.

Pouco a pouco aquel esplendoroso negocio foi a menos, o noso protagonista comezou a botar empregados, as ganancias apenas lledaban para pagarlle un soldiño á filla. O Concello fixouse naquela situación inxusta e deulle algunhas axudiñas para ir tirando… pero enterouse un xuíz e declarounas ilegais.

Un bo día, a directiva da Asociación de Veciños do Barrio cambiou, e mediante a negociación cun supermercado do barrio, acadou un trato: este supermercado mercaría a froitaría, cos seus dous locais, e cun préstamo do banco que había naquela mesma rúa, poría a funcionar a pleno rendemento os dous negocios, mesmo tería que coller novos empregados… Pero ai! a cousa necesitaba a aprobación do Concello e maila Federación Veciñal… o alcalde dixo (non consta si coa boca grande ou coa pequena) que adiante, pero claro, os da Federación non o tiñan tan claro. Eran do mesmo partido có alcalde, pero nada, nin supermercado, nin froitas, nin empregados nin hostias. Disque estaban máis interesados en promocionar un centro comercial que había nun barrio máis rico.

52 Responses to 'A fábula da froitaría'

  1. Generic viagra india. Says:

    Buy viagra….

    Generic viagra. Viagra….

  2. Inverter Generator Expert Says:

    Cheers…

    Really good site, thank you very much for your effort in writing the posts….