Os riscos da publicidade

chuzapp.jpg

Internet é perigosa, iso sábeo todo o mundo (non hai máis que ver un informativo calquera, de Antena 3, poñamos por caso, para saber que isto non é máis ca un invento para crear, a escala mundial, un niño de pederastas, estafadores e terroristas). Un dos riscos de máis recente creación son os banners que non contrata o anunciante, senón a axencia publicitaria. Así, ti tes na túa web un banner que vai cambiando, e hoxe véndeche chourizos e mañá coches… ou anuncia mitins do PP… O sábado todos con Mariano, coño ya! [poden premer na imaxe para vela en toda a súa plenitude]

Nota mental: a todo isto, grazas polo aluvión de mostras de solidariedade logo da miña entrada nos dous parrulos :).

2 Responses to 'Os riscos da publicidade'

  1. aRa Says:

    Que gran momento pepero o de chuza! Igual era porque por fin Mariano ía dicir canto roub.. cobra do estado español, non?

    Bicos

  2. zerovacas Says:

    Certo, felicidades, señor, antes de que me esqueza. Os 22 están ben, e non se preocupe, que aos 26 vanlle parecer poucos