Espabilación, a xusta

Un día, un petardo. Outro, unha ola que non estoura. Outro máis, un guindastre queimado. E chegará un día que, por mala hostia, o muro no que está colocado o petardo de turno caerá, e matará a alguén, ou produciralle queimaduras, ou levaralle un brazo por diante. E ese día pasarán de ser uns animaliños con roupa a ser algo peor. Mentres e non, a seguir así de patriotas, que lle estades facendo un favor ao País que manda carallo. E os demais, claro, unha pandilla de españois, que non loitan pola Patria, etc. E de paso, a darlles argumentos. (Foto: Sandra Alonso)

One Response to 'Espabilación, a xusta'

  1. xabre Says:

    Creo que é máis útil a estratexia Burla Negra (que tamén soa a resitencia galega)