Ole, morena!

[gv data=”Dw1cF0UVL5s” width=”425″ height=”350″][/gv]

Vía Chuza! atopei unha nova razón para vencer, un ano máis, as miñas reticencias iniciais e coller o coche para irme meter tres días a ese planeta que cheira a kalimotxo e substancias estupefacientes e onde, cun pouco de esforzo, aínda se pode escoitar boa música. Este ano, disque Pepe Vaamonde Grupo fará acto de presenza… déixolles aquí un adianto, “Aires de Montillón”, clasicazo dese local lugués que debería ser, como mínimo, Patrimonio da Humanidade. Góceno.

One Response to 'Ole, morena!'

  1. Sheamais Says:

    Moi bó gusto, tanto pola música como polo local… (cantos xoves de troula… )