Menos dá unha pedra…

pacto.jpg

Estes dous rapaces que vedes aquí arriba quedaron onte no Hotel Monumento San Francisco, que é onde se montan boa parte dos saraos da Xunta, para reeditar o single Sin ti no soy nada, que ben se podería titular “Éche o que hai”. A imaxe (mesmo sen os engadidos) ilustra bastante ben a situación: cariña de circunstancias en ambos líderes mediáticos, suspiro entrecortado un, cara de “en fin…” o outro… O caso é que hai pacto, light e sen cafeína. En según que sitios, Dios dirá, pero bueno.

Nota mental 1: Non esquezamos de onde vimos, aínda que estes  non sexan uns cracks.

Nota mental 2: En que mans estamos…

Nota mental 3: Que me din da gravata do Presidente? ().

3 Responses to 'Menos dá unha pedra…'

  1. andaime Says:

    Non sendo que algún desminte revele que é agasallo de Orozcus Maximus… Eu sospeito que a gravata debe ser do “aleti”

  2. Ara Says:

    Ai si ho, andamos ben por eses lares! Vaia cariñas de bueno, non se pode pedir moito máis.
    Gran momento de Hoy por Hoy:
    Declaracións de Fraga sobre Adolfo Suárez
    -Pobriño que está todo senil, non coma min que estou como un boj, en castellano buxo. Ademas que desghracia que lle morreron as fillas
    -¿Que opina do seu papel na Transicion?
    -Eu diso non opino ímolo deixar estar.

    FRAGA ENORME. El por suposto NON está senil.

    Sen comentarios

  3. O'Xirarei Says:

    E se temos en conta que Don Manuel rematou dicindo “esoselodejamosaloshistoriadores”… Cando empecen con el…