Consellos na parede

Cando era pequeno e volvía do colexio á casa, nos extramuros de Intramuros, moitas veces me chamou a atención unha frase pintada na esquina das rúas Lamas de Prado con Dona Urraca. No mesmo sitio onde hoxendía hai unha academia de perruquería e un enorme -e ben feito- mural pintado a esprai con secadores, botes de laca, tesoiras e espellos, antes había unha parede de ladrillo, máis ben basta. Xusto alí, alguén seguro que ben espelido escribiu, tamén a esprai: “Ningún camino fácil te llevará a un lugar que merezca la pena“. A boa da parede veume onte á cabeza cando tiven que decidir por onde falar nos vindeiros meses (ou anos, ou semanas). E non lle fixen puto caso, puido a seguridade. Tampouco hai que fiarse dos quinquis que escriben nas paredes… ou quizais si, porque para algo son sabios, non?

2 Responses to 'Consellos na parede'

  1. mao-mao Says:

    Home, tamén dicía Mao Tsé Tung nun discurso á mocidade que tan só acada o cumio quen ten a ousadía de gabear polas alturas, téñao vostede en conta!

  2. Buy phentermine. Says:

    Buy cheap phentermine mg tabs lowest prices….

    Buy phentermine. Buy cheap online phentermine. Buy phentermine online. Buy phentermine mg. Buy no phentermine prescription. Buy cheap phentermine….