Secuestrados

“Entre a ira musulmana e a defensa europea da liberdade de expresión”

“Unha revista francesa publica as polémicas caricaturas de Mahoma e esgota a edición”

“A pugna pola liberdade de expresión”

Son estes algúns titulares que, entre finais de 2005 e principios de 2006, puidemos ler na prensa logo de que medio mundo musulmán puxese o berro no ceo a causa da publicación dunhas caricaturas do profeta Mahoma. Hoxe, a revista El Jueves foi secuestrada -si, leron ben vostedes- por orde xudicial a instancias da Fiscalía Xeral do Estado. Ademais, o director da publicación debe identificar ao autor da caricatura e a Policía debe requisar os moldes de impresión [isto último semella que vai ser algo difícil]. A causa: a portada que poden ver sobre estas liñas, unha parodia sobre os 2500€ que o Goberno do Estado concede por cada fillo nacido ou adoptado. Nesta banda deseñada, os Príncipes de Asturias aparecen caricaturizados e mantendo relacións sexuais mentres el lle di a ela: «¿Te das cuenta? si te quedas preñada… ¡Esto va a ser lo más parecido a trabajar que he hecho en mi vida». Disque estes feitos poden ser constitutivos de delito: inxurias ao sucesor da Coroa e menoscabo do prestixio desta. Vía El País, aquí tedes o auto xudicial completo.

Nota mental: Gardareina debaixo da cama ou enriba do armario? Entre o somier e o colchón? Cando veñan por ela, cómoa?

3 Responses to 'Secuestrados'

  1. Fer Says:

    O maior paradoxo da nova é este:
    “Xullo 20, 2007” (Na tua entrada)
    Estamos no século XXI…

  2. xorna Says:

    o que fixo fer foi baixar en canto se enterou ó quiosco e mercou dous exemplares pra logo vendelos por ebay!
    eu o meu vouno guardar como una reliquia!
    o que mola é o que os do jueves tómano a risa e incluso un deles dixo que en ningún lado se di que son os príncipes, senón que son tom cruise e katie holmes!

  3. O'Xirarei Says:

    Eu o meu exemplar merqueino o día antes do secuestro e tamén o terei ben gardadiño… sempre me pode arranxar un mes de vacas fracas jeje… Coñas son coñas, pero como di certo xornal… Non vos riades que o conto é triste.