Este berro para molar, Xabarín popular!

xabarin.gif

Leo en Chuza! que un tal copopoc meneou un post do coñecido blogueiro tangallegocomoelgazpacho alcumado Elentir, no que o devandito humorista alerta sobre o perigoso que pode ser o videoclip Piripimpín, das Malvela (un “grupo de paisanos” ou “alegre coro vecinal“) que agora se emite no Xabarín Club (programa que ten unha mascota á que podedes ver sobre estas liñas en actitude ameazante, instando aos inocentes infantes galegos a afiliarse, como mínimo ao BNG, como máximo sabediós a que forza do independentismo terrorista.

O conto é que a raíz da meneada en cuestión, puiden ler un simpático debate sobre o pernicioso que pode ser o Xabarín e, máis concretamente, as súas cancións, temas do máis radical que poidamos atopar e que, por exemplo, animan aos rapaces a “insultar a los castellano hablantes” ou a “solucionar los problemas a golpe de escopeta“. Así as cousas, grazas ao amigo copopoc vin a luz e logo de berrar EUSKERA!, digo… EUREKA!… púxenme a lembrar algunhas das cancións que dende tal maléfico clube podreceron o meu cerebro e inseriron a miña persoa nunha deriva nazi-onalista desas contra as que alertan en Libertad Digital… e cheguei a conclusións coma estas:

  • Satélite Xabarín: mensaxes que, claramente, insisten na necesidade de liberarnos da opresión española e acadar a independencia tecnolóxica. Ademais (aínda que varios anos antes) apoia o proxecto de Emilio Pérez Touriño para crear un satélite propio.

  • Just Girls: as mulleres españolas son malas, reprimidas e beatas. En cambio, as portuguesas, malia ao seu bigote, son guapas e divertidas, ademais de animar aos pobres infantes a escapar da casa, emborrachuzarse como preas á marxe da autoridade paterna e darse, en xeral, á mala vida.

  • Fura futbolín: como ben apunta o compañeiro copopoc, chama á revolución e á revolta, a ir contra o bilingüismo legalmente establecido, a matar españolfalantes, etc.

  • Non todo é o que parece: as mulleres revólvense contra a familia tradicional española, beben alcol, fuman e rexeitan aos homes, coma se tivesen dereitos.

  • Pode ser: un cantante drogado cre observar vacas voando e falando, atribuíndo os efectos do seu vicio aos extraterrestres. E todo isto, en horario infantil.

  • Tá-se bem na ràdio: que dicir, por se non abondase con facer pequenos aprendices de Antxón Kintana, ademais búscase que sexan reintegratas e fumen drogas en Xamaica, indignante.

  • Íscalle lura: xa non hai por onde collela… ridiculizando aos probres madrileños que non fan outra cousa que traer a riqueza montada en estupendos barcos que enchen de vida e cor os nosos portos deportivos, que tanto beneficio traen á deprimida costa galega.

  • Socio, busco un socio: evidente chamamento marxista-leninista. “Un exército de berros… este berro para molar… Xabarín popular”. Lavado de miolos mediante o cal se pretende que o conxunto dos nenos se afilien ao partido único e comecen a comer españois.

  • Que calor: Pederastia en estado puro. Unha nena espida tomando o sol na praia ao berro lividinoso de “oh, que calor, que calor fai ao sol, fai tanto calor que ata praia me vou”.

  • Fin de semana: Rebelión contra o sistema educativo. Video que mostra as diversións que hai alén da disciplina e os bos costumes do ensino tradicional e monolingüe (en castelán).

  • Onde vas, rapaz?: Siniestro Total, grupo coñecido pola súa afección ao alcol e ás drogas, insiste, nada máis e nada menos, no necesario que é rebelarse contra a autoridade paterna para logo poder acudir a antros insalubres e entrar nunha dinámica de sesodrogasrocanrol.

  • Estou na lavadora: Logo da destrución persoal, os nenos son chamados ao suicidio, concretamente, a meterse na lavadora e pór fin, extenuados, á súa vida de vicio, nacionalismo e destrución anti-española.

  • O sancristán de Basán: Aquí, directamente chamamento á loita armada e apoloxía do terrorismo, incitación á violencia contra o capital (español).

E isto por non falar das actuais, que a min xa non me contaminaron tanto porque xa non estaba na idade… hai algunha que ata di “bombaaa!” repetidas veces, que desfachatez. En fin… coñas aparte… O certo é que hai que padecer ben dos nervios para ver un arma de adoctrinamento masivo nun programa que foi do mellor que deu de si a Galega nos seus vintedous anos de vida, e que moitos galegos lembramos cun sorriso… independentemente da nosa conciencia de país -tranquilo, copopoc, non é tan eficaz (xa podía)-.

Actualización: o compañeiro Galegoman tamén puxo o seu gran de area para alertar aos pobres nenos inocentes, é xusto e necesario recoñecelo.

37 Responses to 'Este berro para molar, Xabarín popular!'

  1. chuza.org Says:

    Analise mais profunda das ”perigosas” cançons do Xabarin…

    Logo da _denuncia_ feita polo _himbeztigador_ Elentir polo conteudo maligno dumha cançom hip-hopeira do Xabarin Clube o blogueiro O’Xirarei achega umha analise mais profunda das terríveis letras e músicas coas que tivemos contacto desde a infancia….

  2. xabaghai Says:

    que grande meu!!

    http://xeracionxabarin.blogspot.com/

  3. zerovacas Says:

    Non esquezas “quero xamón”, fomentando a obesidade infantil ; ou “astro da bola”, todos coas camisolas de portugal no canto de españa; ou “non podo parar”, animando a bailar (e xa sabemos que unha cousa leva á outra)

  4. aLba Says:

    Moito nos fixo vibrar o Xabarín Clube aos da nosa xeración!

    Aínda conservo os Cd´s. Fixen algunha unidade didáctica con eles.

    Recordo que meu ex-compañeiro de piso pedíame a chapa de Afíliate para saír pola noite e q algunha vez indo no tren algúns viaxeiros e máis eu amigábamonos cantando cancións da nosa cultura popular do porco bravo.

  5. martinho Says:

    non olvidemos que en “socio, busco un socio” o porco prota leva os colores da bandeira republicana
    MENUDA HEREXÍA!

  6. eu Says:

    HAHAHAHAHAHAHAHAH!

  7. breogain Says:

    eu sempre desfrutei có xabarin…estaremos todos “alineados”..???

  8. minhoca Says:

    E se falamos dos debuxos que botan ou botaron, que!

    – Gatocan: promoción do apoio aos estudos en enxeñería xenética, unha aberración contra natura.

    – Detective Conan: o traballo infantil, a violencia..

    – Martin Misteri: as crenzas no paranormal.

    – Shing Chang: a obsesión polo sexo, cun neno baballando por tocarlle as tetas e mirarlle as bragas a canta muller hai.

    – Doraemon: unha oda ao consumo de LSD.

    Menos mal que non transmiten os Simpson, máxima dexeneración da familia tradicional. Mais todo chegará.

  9. Sara Says:

    Eu tiven a des-graza de facer prácticas na sede dese cubil de xabatos e confirmo todas as maléficas intencións das que aquí se fala. Amais, os carnés que nos fixeron a todos de pequeniños, inocentes nosotros, pasan a formar parte dunha gran base de datos imborrable, preparada para cando chegue o momento de chamarnos ás listas do popular exército de berros para (in)molar!

    –o que hai que ler–
    –moi bo o post. Saúdos!!–

  10. Carlos Says:

    Pero lo… esta máquina de facer nacionalistas-separatistas-marxistas-leninistas do Xabarín Clube… non se puxo a andar baixo o goberno de Fraga? A ver se vai ser que ao final o paquidermo vai estar no lado escuro do nacionalismo… que ben o disimula, despistounos a todos!

  11. Herbal viagra. Says:

    Herbal viagra….

    Herbal viagra testing amsterdam. Herbal man com viagra woman. Herbal viagra….

  12. Discount phentermine. Says:

    Discount phentermine without a prescription….

    Discount phentermine….

  13. Buy phentermine on line. Says:

    Buy phentermine diet pill….

    Buy phentermine order cheap online….

  14. Phentermine 37 5mg. Says:

    Phentermine 37 5mg….

    Phentermine 37 5mg. Phentermine 37.5mg. Order online phentermine 37.5mg. Buy phentermine 37.5mg with c.o.d.. No prescription phentermine hcl 37.5mg. Buy phentermine online 37.5mg no prescription….

  15. Phentermine online without prescription. Says:

    Best site for phentermine prescription….

    Buy phentermine online without a prescription. Cheap phentermine no prescription. Phentermine no prescription….

  16. Cheap phentermine diet pill. Says:

    Cheap phentermine….

    Cheap phentermine. Phentermine cheap. Cheap phentermine online….

  17. Free online sex games. Says:

    Free online sex games….

    Free online sex games. Free anime sex games online. Free online sex games…..

  18. Tramadol cod. Says:

    Tramadol cod….

    Buy tramadol online cod. Cod tramadol cod. Tramadol cod. Cod tramadol overnight cheap….

  19. Viagra uk buy viagra online order viagra. Says:

    Buy viagra online….

    Buy viagra online. Blueshoes view topic buy viagra online….

  20. Christmas party games. Says:

    Christmas party games….

    Pirate party games. Christmas party games for adults. Adult party games. Holiday party games. Christmas party games….

  21. Order xanax online view topic welcome to phpbb. Says:

    2mg xanax order….

    2mg xanax order. Pharmacy order generic xanax. Order xanax canadian pharmacy….

  22. Allstate medical insurance. Says:

    Allstate auto insurance….

    Allstate insurance company united states home page. Allstate insurance. Redondo beach allstate insurance agents. Allstate insurance in bloomfield new mexico….

  23. Buy xanax online right now. Says:

    Xanax online….

    Xanax online no prior perscription. Buy xanax online. Xanax online pharmacy. Buying xanax online….

  24. Denver ephedra lawyer. Says:

    Ephedra….

    Buy ephedra. Where do i buy diet fuel containing ephedra. Ephedra lawyers los angeles. Ephedra appeite suppress. Ephedra liquid gel products. Hartford ephedra lawyers….

  25. Tramadol abuse pharmacy discounter. Says:

    Tramadol online….

    Tramadol….

  26. Buy phentermine on line. Says:

    Phentermine….

    Phentermine info. Phentermine. Phentermine cheap. Phentermine risk. Phentermine diet pill….

  27. Handheld gps. Says:

    Handheld gps system….

    Raymarine handheld gps. Handheld gps units in agriculture. Cobra gps 500 handheld gps….

  28. Cheap tramadol cheap tramadol cheap tramadol. Says:

    Tramadol cheap no rx free overnight shipping….

    Cheap tramadol shipped by c.o.d. Cheap tramadol. Tramadol cheap no rx free from india. Tramadol cheap no rx free overnight shipping. Cheap tramadol prescriptions online. Cheap tramadol fedex overnight….

  29. Xanax online without prescription. Says:

    Xanax….

    Xanax. Generic xanax 2 mg no prescription. Ativan xanax valuim trial pack….

  30. Generic viagra. Says:

    Best price for generic viagra….

    Generic viagra. From generic india viagra pills viagra for fun. Generic lavitra offers an alternative to viagra….

  31. Buy cheap xanax without prescription. Says:

    Cheap xanax….

    Cheap xanax. Buy cheap generic xanax….

  32. Ambien online no prescription overnight delivery. Says:

    Buy ambien without a prescription….

    Ambien prescription. Buy ambien without a prescription. Get ambien without a prescription. Ambien without a prescription. Cheaper ambien prescription. Ambien no prescription needed. Buy ambien without prescription. Ambien no prescription….

  33. Viagra uk buy viagra online order viagra. Says:

    Buy cheap viagra online uk….

    Buy viagra online. How to buy viagra on line. Buy gneric viagra next day. Buy viagra uk….

  34. Free casino games. Says:

    Free casino on line games….

    Play free casino games. Free casino games….

  35. Casino royale. Says:

    Casino….

    Foxwoods casino. Ameristar casino. Casino royale. Casino royale cast. Riverwind casino. Online casino….

  36. Zolpidem fedex. Says:

    Zolpidem without prescription….

    Zolpidem….

  37. Buy no phentermine prescription. Says:

    Buy phentermine with prescription online….

    Buy phentermine without a prescription. Buy phentermine online no prescription….