Por quen ondean as bandeiras?

mosquera-sastre.jpg

Voulles contar unha anécdota que pode non ser ningunha ofensa de primeira magnitude contra a dignidade nacional nin moito menos -creo- pero si que é un feito significativo e unha mostra de faltadeignorancia. Novena etapa da Vuelta Ciclista a España (a carreira que saíu de Vigo a instancias de quen vostede xa sabe), dous corredores suben un cumio dos Pirineos nunha etapa con meta na estación de esquí de Cerler, en Aragón. Estes dous corredores, aos que vostede pode ver na imaxe, son Carlos Sastre, do equipo CSC, nado en Madrid e formado en Ávila, e Ezequiel Mosquera, do Karpin Galicia, nado en Cacheiras (Teo). Nun intre próximo ao final da tirada, tres ou catro afeccionados hondean bandeiras galegas en plena montaña(algunha delas engarzada no mesmo mastro cunha española, en fin) e dan ánimo aos ciclistas. O narrador da carreira, Carlos de Andrés, sentencia: “Ahí vemos a los aficionados, animando a Carlos Sastre“.

2 Responses to 'Por quen ondean as bandeiras?'

  1. Sak Says:

    Hahahahaha, demostración do favoritismo e ignorancia do locutor a máis non poder. Recórdame cando xogou o Azkar na Coruña a final da copa de españa de futbol sala contra o Boomerang, ao que se achegara unha peña do CD Lugo que ían vestidos con camisolas do Lugo (raias vermellas e brancas) e o narrador de TVE2: “vemos como unos aficionados del Bilbao se han acercado a disfrutar del futbol sala y animan al Azkar” XDDDD

  2. O'Xirarei Says:

    O mesmo comentarista -supoño- obsequiounos na narración dun partido do Ázkar en Lugo co seguinte comentario, logo de escoitar as buguinas dos afeccionados: “se nota que estamos en tierra de mar, escuchamos desde este pabellón las sirenas de los barcos”.