¿Qué haces grabando, qué haces grabando?

[kml_flashembed movie="http://blip.tv/scripts/flash/showplayer.swf?autostart=true&enablejs=true&feedurl=http%3A%2F%2Fgzcontrainfosgz%2Eblip%2Etv%2Frss&file=http%3A%2F%2Fblip%2Etv%2Frss%2Fflash%2F376434&showplayerpath=http%3A%2F%2Fblip%2Etv%2Fscripts%2Fflash%2Fshowplayer%2Eswf" width="440" height="306"/]

Descubro, vía Chuza!, o video da I Reconquista da Illa de Toralla, unha acción mediante a que o colectivo vigués Xogo Descuberto reivindicou o uso público desta illa, situada na ría de Vigo e na que se poden observar, entre outras lindezas, unha torre de apartamentos e múltiples chalecitos, cun alto grao de feísmo e un nulo respecto ao medio ambiente. Unha vez rematado o acto, de carácter claramente pacífico e mesmo festivo -boa parte dos manifestantes ían caracterizados coma piratas e con armas tan devastadoras como flotadores e bonecos inchables- os participantes (nenos incluídos) paseaban pola parte pública da illa cando tres furgóns antidisturbios chegaron por alí a facer desas cousas que fan eles. Vexan, vexan e ollo ao poli do final (los porrazos son para ti, no pa que los vea nadie más, hombre).

One Response to '¿Qué haces grabando, qué haces grabando?'

  1. zerovacas Says:

    Si, está guai. A xente ten que decatarse de que este tipo de vídeos teñen moita máis difusión se están minimamente currados, con algo de humor e algo de burlancaster