Emocións á grella

Churrascada 007.jpg

A Ascensión, festa compostelana onde as haxa, onde a maior parte da xente ao único sitio ao que ascende é aos cumios do licor-café ou semellantes. Eu onte, Día da Ascensión, digamos que vivín un deses días que prestan. E é que non todos os días un se xunta, nunha finca preto de Santiago, coa moitos dos personaxes (si, algúns/has máis sen blog) que fan que a vida por estes lares sexa moito máis agradábel ao abeiro dunha churrascada destas que se lembran. Un dato: ás 5 da tarde aínda había restos do porquiño pola mesa. E logo… A Cepa, crema-de-orujo, tarta de aniversario, paranoias mentais diversas… en fin, todo perfecto.
E pola noite? Doble menú . De primeiro, Celtas Cortos e, de segundo, Panorama (apoteose orquesteira, especialmente significativa a iluminación da parte de atrás do escenario. Demostración de que é posíbel devolver a mocidade ao campo da festa). Dous platos diferentes mais igualmente saborosos. Pero como non todo van ser loubanzas e florituras, unha reflexión: que pasaría se o tremebundo escenario do que Celtas dispuxeron onte pola noite no Campus Sur de Compostela se puxese á disposición dos tropecentos grupos do país que soan tan ben ou mellor?

7 Responses to 'Emocións á grella'

  1. oko Says:

    diossssssss!!!!
    que gran día!!!
    viva a raíña do cumpreanos!!!
    vivao porco cru!!!
    vivan as chinchillas peludas!!! (mañá explicareino pertinentemente no meu blogue, se me manda as fotos. prometido!!!)

  2. Caufield Says:

    ummmmm
    borrachera as seis da tarde tumbados na herba con resaca do día anterior!
    Iso…non pode ser malo!
    un placer 😛
    BABU

  3. Caufield Says:

    AS RAÍÑAS SODES VÓS!!!(E OS REIS)
    VIVA A III REPÚBLICA!!!

  4. Soma drug testing. Says:

    Soma half ironman….

    Soma compound. Cheap soma. Psyche and soma operate as a duality. Soma. Akane soma….

  5. Extra cheap phentermine. Says:

    Extra cheap phentermine….

    Cheap extra phentermine. Extra cheap phentermine….

  6. Ambien hallucinations dizziness. Says:

    Ambien online….

    Ambien. Ambien and brain injuries….

  7. Off for phentermine online free fedex low cost. Says:

    Cheapest phentermine online free shipping….

    Phentermine online. Buy phentermine online. Phentermine pill online discount. Online phentermine….