Viva San Froilán. Y olé.

rivera-de-la-cruz-pequeno.jpg

Hai un tempo o PP propuxo á escritora Marta Rivera de la Cruz, luguesa, finalista do Premio Planeta e tamén coñecida polo seu apego á lingua galega, como pregoeira do San Froilán. Leo en El Progreso que onte, por unanimidade dos grupos municipais, a devandita escritora foi designada para tal fin. No Concello de Lugo están representados o PSOE, o PP e creo que o BNG, pero non [sei se xa] podería aseguralo.

Nota: prema vostede na imaxe para ler a entrevista completa.

3 Responses to 'Viva San Froilán. Y olé.'

  1. zerovacas Says:

    Comprometeuse a que acabaría o seu pregón (en castelán), cun “graciñas”. Así “va a quedar contento todo el mundo”

  2. mao-mao Says:

    ala, ala, “los radicales excluyentes, que dicen que no soy una escritora gallega, yo que no hablo gallego para no estropearlo, con lo bien que lo hablan los paisanos, para que lo voy a hablar yo”
    E o Bloque, lucíndose, como é costume ultimamente, xa non se salva nin na política municipal. É imperdoábel que os que se autodenominan “nacionalistas” no pleno do concello voten a favor dunha colonizada fascistoide coma esa. Claro, que son outros tempos: xa o dixo Quin: non somos de esquerdas nin de dereitas, nin nacionalistas nin imperialistas, non sabemos o que somos nin o que votamos (botar, botar, botámoslle un pé na Festa dos Maiores no San Froilán)

  3. madeleine Says:

    e a min que me recorda á vella marquesa de Los Santos Inocentes… Esa que lle pregunta á xente probe
    – ¿qué tal los cerdos? ¿Y los niños? […] Para que luego digan que no soy mujer de mis paisanos