76 licenzas, 50 traballadores

Leo en PR Noticias un resumo da actividade de Kiss FM e o seu propietario, Blas Herrero. Como ben din os manuais da factoría, o titular debe enganchar (e seguro que doce ou setenta características ordeadas en puntos que non lembro) e este consígueo, ademais de afectar e provocar a reflexión, agárrese: 76 licenzas (unha delas en Vigo) e 50 traballadores. En síntese, falamos dunha radio que pasa de largo sobre requisitos básicos na concesión de licenzas, como a creación dun determinado número de postos de traballo, posuír estudos ou fomentar os valores locais… algo bastante difícil se temos en conta que a empresa en cuestión emite integramente dende Madrid, cidade na que se atopa a súa enorme plantilla de traballadores. Malia este tipo de irregularidades, a Kiss FM segue emitindo la mejor música (sic) e o seu propietario continúa obtendo licenzas.

Pero, saben o peor de todo? Que poría a man no lume ao afirmar que boa parte dos empresarios do negocio, tamén en la tierriña, miran a Kiss FM con envexa e coa vontade de seguir os seus pasos… que é o que importa? que pola radio, tv ou xornal saia algo, xa sexan noticias, cancións, videos ou fotos… que apañe subvencións, poida coller ben publicidade… en suma, que dea cartos. E se un xornalista operario pode escribir, locutar, cantar e bailar, para que contratar cinco ou seis?

One Response to '76 licenzas, 50 traballadores'

  1. madeleine Says:

    Imos ver, querido lucense controvertido. Que emisora no mundo radiofónico de ESPAÑA pode porche todos os días á mesma hora os 365 días do ano PURPLE RAIN…? QUe radio emite Noches de Bohemia xusto despois de Hey Jude? Dime onde viches tí noutro lugar que poñan DESESPERADA de Marta Sánchez e digan “la exitosa madrileña de pro”… E que, con tal de queixarse… 😉