Póngame ahí esa bandera, cavernícola

“Os nacionalistas son retrógados, reaccionarios e cavernícolas”

Enrique López Veiga, reservista da Armada Española

Esta e outras perlas -coma tildar de “indignos” aos representantes do BNG no Goberno, aos que acusa de “gamberrismo político“, deixounas para a posteridade Enrique López Veiga -ao que vostedes lembrarán doutros filmes coma “O Mar Exeo foi peor ca o Prestige“- durante unha intervención parlamentaria na que esixía a aprobación dunha Proposición non de Lei mediante a cal o Parlamento debería, a iniciativa do PP, instar ao Goberno da Xunta a respectar a Lei de Símbolos e facer ondear a bandeira española en todos os edificios oficiais e actos do Executivo galego.

2 Responses to 'Póngame ahí esa bandera, cavernícola'

  1. zerovacas Says:

    Ha,ha, Boa foto. ¿Este era o sector máis moderado e liberal do PP en Galicia, non é?

  2. mao-mao Says:

    Viva el galleguismo constitucional! O cerne do asunto é que pretenden que a bandeira e a cultura imperialista sigan a ser os referentes institucionais: dunha banda opóñense á galeguización do ensino propondo tantas horas de inglés coma de galego, logo critican o do himno nas galescolas, e agora xa para que se lles vexa o plumeiro do fascistas que son, “póngame la banderita, que no me entere yo que no me pone la banderita” -igual cós gardas civís co “L” dos pirncipiantes, pero xa non somos principiantes, así que non temos que poñer nada. Só lle falta ao mangueritas sacar o vestido de sevillana “rojo y gualda” e botar un pé alí no parlamento para reivindicar a súa españolidade. Mellor non dou ideas, que despois do chunguito ese que cantaba o himno en flamenco, igual se lle ocorre algo semellante a Lola de Vigo