Indulto para os tres do Eixo

Tres veciños da parroquia compostelá do Eixo poden ir ao cárcere o vindeiro día 31 se o Goberno do Estado non lles concede un indulto. A causa: as lesións sufridas por un Policía cando estes tres membros do movemento veciñal reclamaban melloras na seguridade vial do seu barrio, por onde discurren obras tan importantes -e perigosas- como as do AVE. Simplemente, e dende o meu punto de vista, non o merecen, nin eles, nin as súas familias, nin o movemento veciñal. Hoxe Compostela pediuno na rúa. Que teñan a mellor das sortes.

One Response to 'Indulto para os tres do Eixo'

  1. zerovacas Says:

    http://http//www.elcorreogallego.es/index.php?idNoticia=222129&idMenu=3

    Conde Roa tamén apoia (á súa maneira) aos 3 do Eixo

    Non che dá a impresión de que os do PP ultimamente están caendo na súa personaxe de “malos da película”? Rajoy e o cambio climático, Conde Roa e os do Eixo. Cal será a próxima?