De rúas e mortos

“Pertenece usted a una ideología que en el siglo XX arrastra más de cien millones de muertos sobre sus espaldas”

Gerardo Conde Roa, showman e voceiro do PP compostelán (dirixíndose a Néstor Rego, voceiro municipal do BNG no Concello de Santiago.)

Esta perla cultivada é o que deixou o voceiro municipal do PP en Compostela, durante o pleno municipal no que, semella que desaforadamente, se debatía sobre o novo nomenclátor de rúas para a cidade. E é que o señor do Bloque opúñase, nin máis nin menos, que a que o ex-ministro Fraga Iribarne, logo de asumir que o conxunto de vías urbanas non son súas, tivese polo menos unha rúa para el soíño. Ao final, esa proposta -que no seu momento, todo sexa dito, partiu do alcalde Sánchez Bugallo- non prosperou e si pasaron a peneira outras basante máis afortunadas. Así, saiba vostede que se ten pensado mudarse a unha rúa compostelá que aínda non teña nome, pode que vaia vivir na rúa de Andrés Dobarro, rúa de Voces Ceibes, rúa de Avelino Pousa Antelo, rúa das Trece Rosas ou rúa do Zeca Afonso, por poñer uns exemplos. Pode consultar toda a relación aquí.

2 Responses to 'De rúas e mortos'

  1. tonetxo Says:

    A PUTA PREDICANDO A CASTIDADE. Tócate a caralla. Sempre falan da merda os máis cagados.

    Por certo ¿non serían tropecentos miles de trillóns de mortos?

  2. zerovacas Says:

    E onde van meter tanta rúa? E a avenida San José María?