O Sergas é como unha caixa de bombóns…

calvosergaspequeno.jpg

O Servizo Galego de Saúde, alias Sergas, é unha caixa de sorpresas. Lembrará o avispado lector que unhas liñas máis abaixo comentaba que esta semana, concretamente hoxe, ía ter que pasar polo taller para que mañá me fixesen uns amaños. Pois ben. Esta mañá, contra as 10, recibo unha chamada do taller en cuestión, e un señor moi correcto explicoume que “ese quirófano [esa operación, para os non iniciados] se ha aplazado hasta la semana del 7 de enero“. Faltoulle dicir “si tal lo operamos, si tal no”. Puideron agardar a terme anestesiado para dicirmo. En fin, non hai mal que por ben non veña, seguireilles contando. Que a sorte me acompañe.

3 Responses to 'O Sergas é como unha caixa de bombóns…'

  1. Lucensismo e outros males Says:

    […] Aproveito esta prórroga inesperada antes do paso por onde xa lles contei para facer labor social. E é que, como algúns xa saberán, nos últimos tempos padezo (ou gozo) unha nova adicción: Muchachada Nui. Isto é como co licor café e esas cousas que se toman pola noite… probas un groliño, gústache… e ala, enganchado perdido. Aquí lles deixo unha mostra do invento, que é ademais unha chamada de auxilio desesperado. A todo isto, os videos vense con mellor resolución na páxina oficial ca no YouTube (recoméndolles os Celebrities de Uri Geller, John Galliano e a propia Titaaaaa). Nui! […]

  2. Odemo Says:

    Bom, assi aprendes a nom foder a ponte os médicos XD XD
    [Sorte e umha aperta]

  3. Lucensismo e outros males Says:

    […] Actualización: ademais dos bos desexos expresados máis arriba, o derradeiro día do 2007 déixame un capítulo máis na miña relación con esa caixa de sorpresas que é o Servizo Galego de Saúde. Como xa lles comentei, o meu paso por chapa e pintura adiouse unhas horas antes de celebrarse… pois ben, esta mañá, non con nocturnidade pero si con aleivosía, recibín unha nova chamada que cursou, aproximadamente así: […]