Convalecencia, capítulo 1: a grapadora

Dezaseis grapas. A miña conexión entre a perna dereita e o resto do corpo está, dende onte á mañá, perfectamente tuneada con dezaseis apliques metálicos. Foi apenas unha hora na que, un equipo de xente entre o que se contaban ata dous lugueses, fedellaron en min para quitarme todo o que me sobraba. Unha vez soltado o lastre (que, en principio, parece que non escapou máis alá do sitio no que estaba), quen lles fala pasou por unha cama desas que suben e baixan cun mando e tentou -sen éxito- dar a volta para durmir. Agora escribo dende a casiña compostelá… durante os vindeiros días, a familia máis cercana irá metabolizando o susto que lles dei e desexará, coma min, que os resultados cheguen en tempo e forma e sexa para ben. Ademais… percorrerei distancias abismais coma o traxecto cociña-cuarto-baño-salón a un ritmo propio dos nosos maiores. De momento, un adianto… 100% de posibilidades de éxito no asunto, que non é pouco. Seguirei informando.

10 Responses to 'Convalecencia, capítulo 1: a grapadora'

  1. zerovacas Says:

    Se nestes días dáche por facer outras cousas propias dos nosos maiores, como engancharte ao Luar, a ver o Tempo na Galega, escoitar a Cope e votar ao PP, avisa.

  2. pedreira Says:

    Eu sei como se pasan esas situacións e ánimo que logo se sae! 🙂 Cada dia descúbrese que se mellorou un pouco..antes non se daban dous pasos seguidos.. logo dánse tres pasos ben dados.. de vagar… haberá tempo pra reflexionar e/ou bloguear! Ánimo!!

  3. caufield Says:

    moitoo ánimo dende Canguiñas!bicoooos 😛

  4. emereci Says:

    Dous lugueses nun equipo de profesionais? Somos unha potenzia, érache boa verdade 🙂
    Cóidese muito e non faga esforzos, vostede que pode.
    Bicos

  5. xorna Says:

    Eu pensei que era para a semana!
    Alégrome de que todo saíse ben!

  6. Lucensismo e outros males Says:

    […] Hai algo máis de vintecatro horas que deixei o taller de chapa e pintura para chegar ao que, nos vindeiros días, será o meu único espazo vital, isto é, a miña casa. O certo é que o balance das últimas horas non é para queixarse: despois dunha noite con grandes logros coma cambiar de posición ou durmir de lado, cunha axudiña cheguei ao salón dende o que lles falo. Dende este sillón, auténtico centro de operacións, ando a resistir as embestidas dunha leve tos que provoca que os meus remaches tiren cada un para o seu lado, provocando unha dor semellante ao de 32 agullas clavándose onde máis lle doa a cadaquén. […]

  7. Lucensismo e outros males Says:

    […] así dous meses e dezasete días des que todo isto comezara con aquilo das grampas e continuara coa toxicidade e os seus efectos secundarios, aos que me vin referindo nos últimos […]

  8. Amoxicillin kills acne. Says:

    Amoxicillin online homepage….

    Amoxicillin. Amoxicillin dosage. Amoxicillin with no prescription. Prescription free amoxicillin. Amoxicillin rebate. Can i have a beer if i m taking amoxicillin. Amoxicillin order mexico mexican. Amoxicillin online homepage….

  9. Lucensismo e outros males Says:

    […] de pasar polo taller e chegar á meta, hai que seguir pasando as correspondentes inspeccións técnicas. Logo de moder […]

  10. Lucensismo e outros males Says:

    […] exactamente un ano levaba algo máis de catro horas sentado no sofá do salón da miña casa compostelana, cunha […]