Convalecencia, capítulo 7: Borat

Aquí seguimos. Hoxe un dos accesos de aburrimento foi tratado con terapia de choque: Borat en vea. E os resultados foron positivos, mesmo puiden rir (frouxiño e con coidado) sen que me doese, e iso é moi bo sinal. Así, entre cavilacións, decateime de que hai exactamente unha semana que soltei lastre, unha semana des que comecei o camiño cara á normalidade, un carreiro que agardo que sexa o máis curto posible. Pero entre esas mesmas cavilacións, tamén apareceu no meu maxín unha imaxe: a depiladora (a muller, non a máquina). E é que aquela señora que con precisión e falta de sensibilidade a partes iguais pasou a súa segadora sobre quen lles fala ten verdadeiros efectos secundarios… tantos que, a tal punto, os seus danos colaterais son equiparábeis, en canto a molestias, aos dezaseis remaches de marras. Malia todo, volvín facer o meu caminiño, rúa arriba e abaixo, un día máis, aínda que hoxe cun destino e compaña diferentes. Grazas outra vez máis para os que me aturades estes días. Cada día falta menos. Aí seguimos.

One Response to 'Convalecencia, capítulo 7: Borat'

  1. arco_da_vella Says:

    Un pracer acompañarte de paseiño… tranqui q en pouco xa imos ó cabalo… Pois, si, eu flipo co precio das augas… en que dará isto?? (frase señora Lugo: en que te nos dará esto??)BIkoss… A seguirse coidando