Convalecencia, capítulo 10: desgrapado

Hai aproximadamente unha hora, un simpático homiño tendeume nunha camilla padiola, ao carón dunha fiestra con vistas á Cidade da Cultura. Quitou dúas gasas esterilizadas dun armariño. Doutro armariño quitou unhas tesoiras, tamén esterilizadas.

-Vaime doer moito?

-Xa mo dirás, non mires.

-Xa che quitei a primeira.

Volvo mirar… dúas, tres, catro… e así ata dezaseis. Indoloro.

-Vouche poñer unha gasa, por quedar ben contigo, máis que nada. Por certo, vexo aquí que te está atendendo o mellor médico do CHUS. Leva estes apósitos (gran palabra), que a nosa compañía é rica e así non os tes que mercar. Ala, a facer vida normal.

Así foi a cousa, máis ou menos, xa percorremos unha tirada máis. O mércores, temos un porto de montaña que decidirá se nos diriximos ao sprint final ou aínda quedan un par de metas volantes. Seguiremos informando, que o merecedes logo do ben que me tratastes estes días.

6 Responses to 'Convalecencia, capítulo 10: desgrapado'

  1. cangas-al-poder Says:

    parabéns, podías ter gardado un par desas para agarrar ben o recheo do entrecot!

  2. zerovacas Says:

    mira para o que servía a cidade da cultura

  3. oko Says:

    máis que para o entrecot, eu mañán quería facer unhas luras recheas…

    e dis que o médico era guapo??? que planta era???

    😉

  4. chuza.org Says:

    Todos juntos contra Tecnofogar y QDQ (guía que promueve la estafa)…

    Estafados por Claudio, a Tecnihogar, en la factura decía Tecnofogar, cobró 28 euros y mandó comprar un transformador para el portero eléctrico, llamamos para que lo colocaran, llamaron 2 días después:” El técnico no va porque no sabe hacerlo…

  5. Sheamais Says:

    Contoume Odemo que estiveras mal fai uns días, e polo que leo aquí xa case pasou todo.
    Alégrome que esteas mellor…

    Unha aperta!

  6. O'Xirarei Says:

    Sheamais, graciñas! Agora quédame o máis latoso, pero o mal, o que é o mal, semella que xa marchou, así que imos no bo camiño, como poñían os cartaces da COTOP cando Cuíña ;).