Corredores e saliñas

O corredor e a saliña. Cando nun ingreso hospitalario tes a posibilidade de pasar no cuarto bicompartido o menor tempo posíbel, os corredores son os teus mellores aliados e, neste caso concreto, a “saliña de estar” tamén cumpre a súa boa función. Non sei cantos quilómetros percorrería hoxe co meu amigo de rodas, primeiro só, enchufado ao mp3, e logo coa compaña materna… Polo demais, sigo resistindo ao endroghamento, e os míticos efectos secundarios non fixeron, polo momento, acto de presenza, cousa que se agradece, e moito. Bebiches? Mexaches? Canto? Pon o termómetro! Imos mirar esa tensión… Son frases que se repiten ou alternan co piii do meu amigo con rodas, que, para que o saiban, ten o inquietante nome de bomba de infusión.

O último tramo do serán transcurriu moito máis rápido… polos corredores do CHUS apareceu unha manifestación… houbo quen me proporcionou xogos célticosoutras trouxeron películas, humor patrio… e, sobretodo, todos trouxeron a compaña que se agradece inmensamente. Tamén as chamadas, que aínda se valoran máis cando quen chama tamén ten as súas cousas. Dende a casa acristalada onde curan e aburren, despídome ata o vindeiro parte.

5 Responses to 'Corredores e saliñas'

  1. oko Says:

    e esa bomba, que infusión leva??? menta-poleo, te… tila???
    dende acá mándoche os meus mil e un bicos internáuticos. pra que te recuperes antes. anque xa miro que quedaches en boas mans 😉

  2. odemo Says:

    Ler com voz malvada/celebrities”
    “Boooomba de infusiooooon”
    Manhã a minha santa fai umha visita cedo e eu umha tarde, temos que peder cita?

  3. O'Xirarei Says:

    Bomba de infusióooon ayyyy ay va qué chorrazo!! Pois adiántanse os plans, esta tarde marcho para a casa… 🙂

  4. Generic viagra. Says:

    Generic viagra….

    Viagra. Buy viagra online. Get viagra. Viagra prescription price. Generic viagra no prescription. Viagra online add to cart. Generic viagra….

  5. Xanax side effects. Says:

    Xanax….

    Purchashing xanax with mastercard. Xanax prescription. Xanax….