Que vote, que vote

Logo do g-debate de onte, despois de saber que o rigor non se merca en mercerías, que se a nena de Rajoy vivise en Galiza tería asistencia bucodental de balde, que temos que ter máis peso en Madrid ou que o Plan Galicia vai resucitar de entre os mortos… tocou votar. Se aceptamos como válido que o día das eleccións é a festa da democracia, poderiamos afirmar que, o voto por correo é a mesma festa, pero máis cutre… algo así coma se o 9 de marzo tocase a París de Noia e na oficina de Correos, como moito houbese un paisano cun organillo. Pero en fin, dado que a semana que vén vou estar secuestrado e a xornada en cuestión estarei recuperándome do secuestro… votado queda.

Nota mental: observen na imaxe cantas opcións hai na provincia de Lugo se se lle quere votar a un partido facha/freak, para que vexan.

9 Responses to 'Que vote, que vote'

  1. mao-mao Says:

    Pois claro, que a fachas e a friquis non hai quen nos gañe…que para algo hai que resucitar a Don Manuel en plena campaña, a ver se lles vai marchar o voto facha aos do PP. Por certo, que mala hostia poñer a papeleta do PP ao carón da da Falange…a ver se se van confundir os votantes!

    Claro que tamén hai outra lectura chunga e preocupante…por cada partido galego -xa entendido “galego” nun senso amplo- hai sete españolistas…

  2. zerovacas Says:

    Eh, que en Lugo preséntase o POSI, Partido Socialista Obrero Internacionalista, e o nº1 polo senado é medio curmán meu.

  3. mao-mao Says:

    Xa, joder, e un colega e ex-camarada meu é suplente ao senado por ABLA, ao final coñecémonos todos…moita sopa de siglas, mais pouca substancia…

  4. oko Says:

    pois imaxinade como estou eu de perdida, que pensei que votaba aos abertzales ilegalizados, e resulta que agardan o meu voto en marín… que tristura vital…

  5. mao-mao Says:

    Vaia, ho, aínda estás a tempo de votar aos abertzales ilegalizados en Marín, digo eu, que unha cousa non quita a outra…igual che pediu o votou unha veciña candidata a senadora…haha

  6. oko Says:

    gracias a deus libreime da campaña de alá, que nin o debate puiden ver…
    aquí a cousa está máis animada… e moita xente non toma o voto tan á lixeira… (e nin gún veciño se presenta ao senado que eu saiba 🙂

  7. mao-mao Says:

    Joder, non te enteras de nada…
    http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/global/contidos/novas/novas/nova_0050.html

  8. oko Says:

    o dela xa o sabía!
    eu falaba dos meus viviños bilbaínos!!!!!!!!!!!!

  9. caufield Says:

    hai xente que pensa que sabe de todo…