Limpo e na meta

Nos últimos tempos foron sabendo, dun xeito máis ou menos críptico, os meus avatares, evolucións e dificultades coa especie médica. O pasado luns cheguei, case dous meses antes do horario previsto pola organización, á meta. E fíxeno coa máis inmensa das felicidades, con menos pelo na cabeza (que xa comeza a medrar) con algún que outro produto tóxico no meu torrente sanguíneo pero sen a máis mínima impureza interior, desas que fan moito dano.

Pasan así dous meses e dezasete días des que todo isto comezara con aquilo das grampas e continuara coa toxicidade e os seus efectos secundarios, aos que me vin referindo nos últimos tempos. Pasa algún tempo máis dende o momento no que entrei na consulta do médico cun problema menor, diagnosticado por alguén con bastantes poucas luces, e saín cun bastante máis grande, deses que asustan de verdade e que, non collidos a tempo, poden facer moito, moito dano. Pero a cousa encarreirouse dende o primeiro día, o resultado do paso polo quirófano foi excelente e a evolución, inmellorábel. O tratamento posterior, deses que asusta dende o nome, respectoume en gran medida e agora, case tres meses despois, pódese dicir que estou curado e chega o momento de tirar conclusións. Esas conclusións son as que, dende hai un par de días, tento sintetizar e plasmalas aquí, para compartilas con vós e de paso sacalas fóra dos miolos.

Non me deterei aquí en todo o que me pasou pola cabeza neste tempo, que é moito, pero si deixarei algúns trazos que contribuiron a pintar o cadro do meu paso polo edificio acristalado, da miña recuperación e tamén dos meus bos ánimos. Foi un cadro pintado grazas a uns profesionais excelentes, que fan que quite o sombreiro diante da nosa sanidade pública, e que non teña máis que palabras de agradecemento dende o primeiro médico ao último celador. Se algúns calificativo merecen, ademais do de “profesionais” é o de “humanos“, que é o mellor que pode ser alguén que ten que compartir e tentar solucionar un dos momentos máis duros da vida dunha persoa. A outra metade do cadro, a que non se solucionaba con cirurxía nin medicamentos, tamén estivo sobradamente atendida, tanto pola familia xenética como pola outra, a que forman todos os que pasaron a carón do meu sofá, do corredor hospitalario, da mesa do bar ou das rúas pola que dei paseos. Os lotes de películas, os xogos de mesa, as revistas, os xornais, os detalliños e, sobre todo, o voso agarimo fixo que isto fose un tránsito moito máis doado. Non vou poñer as ligazóns, que non todos tedes casa internáutica, pero penso que tampouco fai moita falta, que a ligazón xa está feita dende hai tempo. Simplemente as máis inmensas grazas, a todos e a cada un [espero poder dárvolas, polo menos á maioría, co arrecendo do licor café como fondo da escena].

Só me resta unha reflexión: no ano 2008 cada vez hai máis posibilidades de superar esa á que os xornalistas lle chamamos “unha grave enfermidade”. O cancro xa se cura, por desgraza non todos, pero, por sorte, moitos si. Saúde para todos.

Nota: grazas aos autores dos dous comentarios que Blogaliza papou sen explicación.

19 Responses to 'Limpo e na meta'

  1. Odemo Says:

    Blogaliza petou e levou os nossos comentários :_ :_

  2. zerovacas Says:

    Alégrome moitísimo. Benvido á meta!

  3. odemo Says:

    Está você convidado num meme (palavra horrível):
    http://odemo.blogaliza.org/2008/03/23/o-meme-dos-regalos/

  4. esta-semana-empezan-en-masso Says:

    well well well
    xa podemos coller moña de arcadias e churrimuchi!! Parabéns campeón. Haberá que mercar o de ‘no pasen que resbalan , ostia!’ non? jaja

    espérame na meta que agora te alcanzo…

  5. Lucensismo e outros males Says:

    […] a luva guindada por O demo e dispóñome a cumprir co meme (permítanme a cursiva dada a entidade bizarra […]

  6. F. Miguez Says:

    Parabéns pola súa recuperación. Agora, a desfrutar da vida!

  7. Oxycodone morphine abuse. Says:

    Oxycodone and breastmilk….

    Oxycodone extraction. Is oxycodone or hydrocodone stronger. Oxycodone sideeffects. 5mg oxycodone. Oxycodone hci cr. Oxycodone….

  8. japeto Says:

    Lombao tio, akabamonos de enterar jon e mais eu. Estamos sin palabras tio, non sabiamos nada. Noraboa de verdade. Es grande tio!
    pd: a ver si algun finde por ahi cando poidas visa e nos tomamos algo se keres 😉

    saudos!

  9. mou Says:

    Lombao acabo de enterarme tamén..alegrome moitisimo de que saira ben todo!
    Xa nos vermos!un bico enorme.mou

  10. ghanito Says:

    Ter desatendido parcialmente o bloglines libroume de sustos e preocupacións para engadirlle nunha mesma pílula a ledicia e o alivio.
    Alédome moitísimo de que todo fora ben.
    Unha aperta.

  11. Cheap tramadol fedex overnight. Says:

    Tramadol maintenance….

    Buy tramadol online cod. Picture of tramadol 93. Tramadol….

  12. Buy phentermine. Says:

    Buy phentermine….

    Buy phentermine….

  13. Effexor. Says:

    Effexor alcohol abuse….

    Effexor alcohol abuse. Does effexor impair memory. Effexor. Can you take doxepin while taking effexor. Side effect of effexor. Effexor drug side effects….

  14. Tremors from lipitor. Says:

    Lipitor….

    Lipitor prescription side effects. Lipitor effects gall bladder. Lipitor cause vertigo. Lipitor….

  15. Imitrex going generic. Says:

    Imitrex….

    Sumatriptan brand s imitrex definition of drug. Migraine imitrex. Imitrex….

  16. Lucensismo e outros males Says:

    […] as poucas que me vira, por se me molestaba. Non dubidei en explicarlle que, afortunadamente, xa estou ben, e o sorriso quedoume un tanto descolocado cando me aclarou que é especialmente sensible no tema, […]

  17. regcure 1.6 license key Says:

    As far as me being a member here, I didnt even know that I was a member here. When the article was published I received a username and password, so that I could participate in Comments, so perhaps that is it. But we’re certainly all members in the world of ideas.
    You should consider starting an monthly news letter. It would take your site to its potential.
    Great artical, had no problems printing this page either.
    I learned alot by reading your article. Keep up with good posts.
    Wow, this is a problem that most people today face.Thanks for your great post.
    Finding this site made all the work I did to find it look like nothing. The reason being that this is such an informative post. I wanted to thank you for this informative read of the subject. I ate every bit of it and I have you bookmarked to check out new stuff you post.
    I ran into this page accidentally, surprisingly, this is a wonderful website. The site owner has done a great job writing/collecting articles to post, the info here is really and helpful when i do research. You just secured yourself a guarenteed reader.
    Thanks for taking time for sharing this article, it was excellent and very informative. It’s my first time that I visit here. I found a lot of informative stuff in your article. Keep it up. Thank you.
    You completed a few nice points there. I did a search on the subject matter and found nearly all persons will agree with your blog.
    It seems too complicated  and very broad for me to understand.

  18. textile news Says:

    Websites you should visit…

    I really liked your blog, appreciate the great information….

  19. visit the up coming website Says:

    visit the up coming website…

    Lucensismo e outros males » Blog Archive » Limpo e na meta…