A polo ghit, señora

Ghit.jpg

Volvía eu da segunda catedral, ben provisto de alimentos, nun asadeiro de polos con matrícula, rodas e gasoil, cando escoitei unha iniciativa que me namorou e que podería calificar, sen medo a excederme, de ENORMÍSIMA. A Radio Galega, através do programón Extrarradio -coa colaboraicón de outros- e Vieiros convocan o certame A polo Ghit, que non ten outra intención, nada máis e nada menos, que atopar e difundir aos catro ventos a canción do verán en galego do 2006. Eu non podo senón entusiasmarme e animalo a que deixe este blog e pase a escoitar, votar e difundir. Xa me vexo bailándoas. Conclúo coa declaración de intencións deste labor de evanxelización laica, musical e “do país” (coma o viño, o licor ou os chourizos):
Dende Un raio de sol até a Macarena ou o Aserejé, as nosas orellas tiveron nas últimas décadas que aturar un concepto chamado “canción del verano” que nos leva xa demasiados agostos machacando con ritmos latinos, sotaques andaluces e letras en castelán.
A todo isto. Avogo pola presentación de Xil Ríos e o toque lusófono de Quim Barreiros e a súa Cabritinha.

5 Responses to 'A polo ghit, señora'

  1. Modesto Says:

    Quim Barreiros está a causar sensación. Querémolo ver no Luar!

  2. oko Says:

    eu voto polos peitos da cabritinha!!!
    (en “gatos pàrdos” xa emitimos o noso voto ao facerllo bailar a monti castiñeiras e iolanda muiños!!1)

  3. Phentermine. Says:

    Phentermine….

    Phentermine 37 5mg. Phentermine. Adipex phentermine vs. Phentermine no prescription. Keyword phentermine. Phentermine information. Online phentermine….

  4. Twinlab metabolift with ephedra. Says:

    Denver ephedra attorney….

    Ephedra liquid gel products….

  5. Doxycycline. Says:

    Doxycycline….

    Doxycycline….