Casas Vs caixas de zapatos

O próximo xoves entran en vigor as Normas do Hábitat Galego elaboradas pola Consellería de Vivenda e aprobadas polo Consello da Xunta o pasado mes de decembro. A nova norma, máis avanzada que o Código Técnico de Edificación do Goberno central, detalla as características que, de agora en diante, deben ter todas as vivendas novas que se constrúan en Galiza, e xa topou coa oposición dos promotores, da Fegamp e de parte dos arquitectos. As normas estipulan, por exemplo, que todas as vivendas deben ter, como mínimo, unha hora de luz natural no mes de decembro, que unha cadeira de rodas poida circular sen problemas por todo o piso ou que os edificios sexan máis respectuosos co medio ambiente. Tendo en conta o balbordo que se leva escoitando de fondo estes días, pregúntome:

  • Ten sentido que, diante dunha crise económica, un Goberno saia ao rescate das empresas da construción, especialmente daqueles que son os principais responsábeis da suba deshorbitada dos prezos da vivenda? Polo tanto, ten sentido que o Presidente da Xunta plantexe a posibilidade de “flexibilizar” as normas?

  • Que papel están xogando a Fegamp e, máis concretamente, a súa directiva? É coherente a súa actitude coa que mantén o seu partido no Goberno?

  • Por que unha parte dun Goberno que fixo bandeira, dende o comezo da lexislatura, da construción sustentábel, recúa agora?

  • Tanto mandan os construtores e promotores? (retórica)

  • Canto falta para as eleccións?

Diante disto, só resta unha posibilidade ou, mellor dito, dúas: baixada de pantalóns e incoherencia ou valentía política.

3 Responses to 'Casas Vs caixas de zapatos'

  1. oko Says:

    cal é posicionamento dos medios de comunicación? (é unha pregunta)
    porque aquí posicionarse é clave: hai que dar a entender á poboación que só cumprindo estas normas (guiándome polos exemplos que das) se pode vivir en vivendas de calidade, que respeiten ao medio ambiente e que nos permitan aforrar en luz artificial, en calefacción, en reformas se temos un neno na casa ou alguén en cadeira de rodas…
    compensa aforrar un pataco agora e estar pagando os seus intereses o resto da vida???

  2. Buy phentermine using pay pal. Says:

    Buy phentermine cheap phentermine in the uk….

    Buy phentermine online. Mg buy phentermine. Buy phentermine using pay pal….

  3. Okna I Drzwi Says:

    Okna I Drzwi…

    Lucensismo e outros males » Resultados da busca » actitude…