Pode ser un gran ano

Ás veces aproveitamos o día de Aninovo para poñer un punto e seguido -ou un punto e á parte- na nosa andaina. Eu hoxe non me propuxen comezar a ir ao ximnasio (aínda que non me viría mal), desenfurruxir o meu inglés (cousa que tamén sería beneficiosa) ou adelgazar. Pero tamén é verdade que os 22 marcharon ás dez da mañá e non van volver máis. Non vou dicir que-vaia-Dios-con-eles, pero o certo é que, aínda que non volvan, tampouco pasa nada. Benvidos os 23 e, con permiso de Serrat

Este pode ser un gran ano, duro con el

Nota ao pé: ollo, reflexións que só se poden atopar en Compostela.

3 Responses to 'Pode ser un gran ano'

  1. oko Says:

    é que os 23 van ser un bo ano! eu agardo con ansia polos meus!!!

  2. ghanito Says:

    Se quere que lle meta medo, eu empecei a relacionarme ca señora Colombo o dia no que fixen 23 anos 😆

  3. zerovacas Says:

    Noraboa, feliz aninovo!