Pradolongo: seguramente, unha película necesaria

Esta tarde puiden ver, no Teatro Principal de Compostela, o filme Pradolongo (como é sabido, non foi posíbel vela nunha sala comercial, os empresarios saberán por que). Non farei unha crítica exhaustiva -entre outras cousas, porque a miña falta de coñecementos do asunto o impide- pero si vou deixar por aquí as ideas que me pasaron pola cabeza ao saír do Teatro. Probabelmente Pradolongo non sexa unha película épica que narre as nosas fazañas nacionais, os tres rapaces protagonistas (interpretados por Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto) non resisten no Monte Medulio nin fan unha chamada a salvarmos a Patria.

A cinta arranca no comezo do verán, xusto despois da selectividade (si, Ese Verán), tres amigos, dous rapaces e unha rapaza, a eles gústalles ela, saen por aí, que se me miras, que se un é superficial, que se o outro é sensíbel, que se nos liamos, que se non… Ademais, un deles ten un pai que é dono dunha louseira desas que, cando rematen de expremer os nosos montes, van deixar nas zonas afectadas só iso, un monte estragado, un entorno natural desfeito e algún carto no peto duns poucos. O pai do outro rapaz ten unha explotación agraria, e un monte que garda lousa da mellor nos seus adentros… Xa se poden facer unha idea da trama. Todo isto desenvólvese nun ambiente… quizais demasiado ideal, con rapaces de 18 anos que van -todos- a bares nos que se bebe licor café e se escoita Lamatumbá, que o pasan estupendamente en festas da súa aldea non con orquestras, senón con grupos folkies, e onde mesmo as pijas da cidade falan galego con acento de Valdeorras.

A todo o contado hai que engadirlle unhas actuacións máis afortunadas ca outras, mozas e mozos guapas e guapos, líos veraniegos con sobredose de hormonas… en síntese, é unha película que, sen dúbida, é un dos elementos que fan un pouco máis normal a cultura galega. Necesitamos películas lixeiriñas -aínda que, como neste caso, teñan de fondo un problema moi importante-, de mozos que se gustan, se lían e se deixan… mesmo filmes deses de-despois-de-comer. Veñan moitos máis.

4 Responses to 'Pradolongo: seguramente, unha película necesaria'

  1. xorna Says:

    Si, pelis desas de despois de comer, como a que vin o outro dia, de catro amigas inseparables que pasan o verán separadas, unha en cada punta do mundo e que se envían por correo para ter unha cada semana uns “pantalóns máxicos” que lles sentan ben ás catro. e o máis importante, que saian tíos guapos!

    p.d.: non, non, non, o que había que facer para “normalizar” é facer en galego pelis como ’27 vestidos’, ‘Novia por contrato’ e todas esas! hehe!

  2. xorna Says:

    P.D.2: que atractivo é rubén riós…

  3. O'Xirarei Says:

    Xorna, algo así como… Soñando, soñando, triunfei patinando? 😀

  4. Vicodin. Says:

    Vicodin….

    Effects of vicodin. Vicodin. Dangers of vicodin. Vicodin online….