Con dez canóns p2p, pirateando a toda vela

Os defensores a ultranza da propiedade intelectual continúan lanzando enxeñosas propostas para rematar con esa pandilla de criminais que sodes, si, ti que estás lendo tamén, aqueles que abrides un programa de intercambio de arquivos para descargar música. Ademais de que, obviamente o neno Xesús xa non vos quere, segundo os Productores de Música de España (Promusicae) estades cometendo un delicto e o único que se vos ocurre pensar é isto: es ilegal, ¿y qué?. Así que, nun alarde de creatividade, propoñen que se lles “corte” a conexión a Internet a todos aqueles que cometan o crime coma o que vós cometedes, animaliños. Eu, dende esta humilde tribuna, e seguindo a filosofía dos defensores dos dereitos de autor, reclamo o seguinte para a miña persoa: que se me pague no que me queda de vida por cada noticia que escriba, mesmo cando alguén a lembre ou escoite as palabras do seu protagonista. E a quen non o faga, non se lle permitirá, por exemplo, que entren na súa casa as ondas hertzianas de radio e televisión, para que se fastidie.

Actualización vía Encompostela (que agora é Enmexico): visiten a EXGAE

3 Responses to 'Con dez canóns p2p, pirateando a toda vela'

  1. xabre Says:

    Eu apostaría por cortarlle outra cousa a cada fantástico xerifalte que afirme que compartir música é ilegal, porque todas as resolucións xudiciais afirman o contrario. Para mentiras xa nos chega coas da COPE.

  2. cangas Says:

    Si es que, es que… eres un bárbaro hombre!

  3. encompostela Says:

    oes, http://www.exgae.net/ 🙂